Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 17/09/2018

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

12

Núm. 214 luns,17 de setembro de 2018

BOP de Lugo
RIBADEO
Anuncio Aprobación, exposición pública do Padrón dos dereitos sobre a parada de taxis na vía pública para o exercicio 2018 e apertura do período de cobramento.
Por Decreto desta Alcaldía de data 5 de setembro de 2018, foi aprobado o seguinte Padrón de contribuíntes:
Padrón da taxa de dereitos sobre a parada de taxis na vía pública para o exercicio 2018, polo importe de setecentos oitenta euros 780,00 €.
Exponse ao público por prazo de vinte días hábiles, segundo o establecido no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria, ao obxecto de que aqueles que se consideren interesados poidan examinalo e interpoñer contra este as reclamacións que consideren oportunas.
Iníciase así mesmo o procedemento de recadación, e ao efecto determínase que o período de pagamento en voluntaria é o comprendido entre o 17 de setembro de 2018 e o 16 de novembro de 2018, ambos os dous inclusive.
Ao día seguinte do vencemento do prazo do ingreso en período voluntario iniciarase o período executivo que determina a esixencia dos xuros de mora e dos recargos do período executivo nos termos dos artigos 26 a 28
da Lei 58/2003 de 17 de decembro Xeral Tributaria e, no seu caso das costas do procedemento de acordo co establecido no artigo 161 de dita Lei, procedéndose a súa recadación pola vía administrativa de constrinximento, segundo o preceptuado no regulamento xeral de recadación.
Contra as liquidacións de carácter tributario que se deriven do presente Padrón poderase interpoñer recurso de reposición previo ao contencioso-administrativo, no prazo dun mes a contar dende a finalización do período de exposición pública de conformidade co establecido no artigo 14,2 apartado c do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.
Contra a desestimación expresa ou presunta do recurso de reposición poderán interponer recurso contenciosoadministrativo ante os órganos e na forma e prazos determinados na Lei reguladora desta Xurisdición.
A presente publicación, de Edicto de exposición ao público do Padrón e anuncio de cobranza ten o carácter de notificación colectiva ao amparo do establecido no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria.
Ribadeo, 5 de setembro de 2018.- O Alcalde, Fernando Suárez Barcia.
R. 2599

Signature Not Verified Asinado por: null Data: 17.09.2018 08:00:00 CEST
Razón:
Localización: España

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 17/09/2018

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date17/09/2018

Page count12

Edition count3289

Première édition01/03/2013

Dernière édition29/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones

<<<Septiembre 2018>>>
DLMMJVS
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30