Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/09/2018

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 202 luns, 3 de setembro de 2018

BOP de Lugo
O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte 20 días a partir do seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Barreiros ou nas oficinas deste servizo, situadas na Ronda da Muralla, 70, 2º, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe.
Lugo, 20 de agosto de 2018.- A xefa do servizo territorial, Rocío Carreira Carral.
R. 2432

Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA
Serafín López Novo solicita de Augas de Galicia unha concesión de augas procedente dun pozo no lugar de Tiagonce, na parroquia de Santa María de Lourenzá, no Concello de Lourenzá Lugo, con destino a uso gandeiro e rega. O presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o art. 109
do Regulamento do dominio público hidráulico. Expediente: DH.A27.44519.
As características do aproveitamento son:
SOLICITANTE:

Serafín López Novo
VOLUME MÁXIMO ANUAL:

93,12 m3/ano
CAUDAL MEDIO:

0,003 litros/segundo
CAUDAL MÁXIMO INSTANTÁNEO

:

0,5 litros/segundo
DESTINO:

uso gandeiro e rega
ORIXE:

manancial
LUGAR:

Tiagonce
PARROQUIA:

Lourenzá Santa María
CONCELLO:

Lourenzá
Descrición:
O aproveitamento consiste na captación das augas subterráneas mediante un mecanismo de sifón que está situado no punto con coordenadas UTM datum ETRS89: 637.103, 4.814.924, ao pe do cal existe un depósito de formigón soterrado do cal sae unha tubaria de 25 mm canalizada subterraneamente e que distribúe as augas para o uso gandeiro e a rega do predio con referencia catastral 27027B002004160001BE.
O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte 20 días a partir do seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Lourenzá ou nas oficinas deste servizo, situadas na Ronda da Muralla, nº 70, 2º onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe.
Lugo, 20 de agosto de 2018.- A xefa do servizo territorial, Rocío Carreira Carral.
R. 2433

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA.
DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio Resolución do 3 de agosto de 2018, da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Lugo, pola que se anuncia convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación dos predios afectados polo proxecto de modificación do parque eólico Montes de Abella. Expediente 103-EOL.
Por resolución do 20 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, faise público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia de 19 de abril de 2018, polo que se declara de utilidade pública, en concreto, así como a prevalencia con diversos aproveitamentos forestais, do proxecto de referencia promovido por Inverólica de Abella, S.L. e por Resolución do 16 de xullo de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, faise publico o Acordo do Consello da Xunta de 12 de xullo de 2018, polo que se modifica a declaración de utilidade pública, en concreto así como a prevalencia con diversos aproveitamentos forestais do parque eólico Montes de Abella.
Esta declaración de utilidade pública, de conformidade co disposto no artigo 56 da Lei 24/2013, de 26 de decembro do sector eléctrico, leva implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/09/2018

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date03/09/2018

Page count10

Edition count3289

Première édition01/03/2013

Dernière édition29/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones

<<<Septiembre 2018>>>
DLMMJVS
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30