Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/06/2021

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 129 mércores, 9 de xuño de 2021

BOP Lugo
Outras funcións que poida fixar a Consellería do Medio Rural no Convenio.
O persoal encargado do manexo do VMB deberá ter plena dispoñibilidade horaria, incluíndo domingos e festivos, así como as quendas de noite necesarias e o vehículo deberá estar operativo alomenos 16 horas ao día.
TERCEIRA.- REQUISITOS DOS ASPIRANTES
Para participar nas probas selectivas, os aspirantes deberán reunir os requisitos que a continuación se indican segundo o establecido no artigo 56 do EBEP e Art 50 e 52 da LEPG, referidos todos e cada un deles á data de remate do prazo de presentación de solicitudes e deberán manterse durante todo o proceso selectivo:
a Nacionalidade:
a.1 Ter a nacionalidade española.
a.2 As persoas que posúan a nacionalidade doutros estados membros da Unión Europea.
a.3 As persoas, calquera que sexa a súa nacionalidade, que sexan cónxuxes de persoas que posúan a nacionalidade española ou doutros estados membros de la Unión Europea, sempre que no estean separadas de dereito.
a.4 As persoas, calquera que sexa súa nacionalidade, descendentes de persoas que posúan a nacionalidade española ou doutros estados membros da Unión Europea, sempre que sexan menores de vinteún anos ou maiores de dita idade dependentes.
a.5 As persoas, calquera que sexa a súa nacionalidade, descendentes do cónxuxe non separado de dereito de persoas que posúan a nacionalidade española ou doutros estados membros da Unión Europea, sempre que sexan menores de vinteún anos ou maiores de dita idade dependentes.
a.6 As persoas incluidas no ámbito de aplicación dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.

a.9 Posuir aptitude física para a o desempeño dos traballos, acreditándose a mesma mediante certificado médico. Son excluintes as lesións de corazón, pulmón ou intestinais, os transtornos psicolóxicos, as incapacidades do aparato locomotor, as enfermidades contaxiosas e a obesidade. Nas mulleres tamén será excluinte o embarazo. A cegueira e a sordeira son igualmente causas de exclusión.
b Capacidade funcional: non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.
A condición de discapacitado e a súa compatibilidade acreditarase coa oportuna certificación. Os aspirantes con discapacidade farán constar na súa instancia se precisan adaptación para as probas.
c Idade: ter cumpridos 16 anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
d Habilitación: non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso a corpos ou escalas de persoal funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso de persoal laboral, no que fora separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non encontrarse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.
e Titulación: certificado de escolaridade ou equivalente.
No caso de titulacións obtidas no estranxeiro se deberá de estar en posesión do documento que acredite de xeito fidedigno a súa homologación.
f Acreditar o coñecemento da lingua galega no nivel de Celga 2 ou o curso de iniciación, nos termos establecidos na disposición adicional 1 da Orde de 16 de xullo de 2007. Se non se pode acreditar este concreto requisito, poderase acceder ó proceso selectivo pero será necesaria a realización dun exercicio, segundo se especifica na cláusula cuarta, artígo 51 da Lei 2/2015, do 29 de abril de emprego público de Galicia.
CUARTA.- SISTEMA SELECTIVO
O proceso de selección consistirá na realización dunhas probas selectivas e nunha entrevista curricular relacionada coa extinción de incendios e a operatividade do vehículo.
Realizarase un recoñecemento médico que garante a capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas habituais dos postos de traballo convocados á que se aspira, e no que se fará constar que non se padece enfermidade ou limitación física ou psíquica incompatible coas funcións do posto, segundo o establecido como excluinte na base 3, letra d. No suposto de que o resultado sexa non apto, o candidato ainda que superase as probas selectivas non poderá ser contratado.

Anuncio publicado en: Num BOP 129 año 2021 09/06/2021
08/06/2021 08:00:00
13:41:39

a.7 Estar en posesión do carnet de conducir tipo C.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/06/2021

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha09/06/2021

Nro. de páginas52

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones