Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 10/06/2021

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

XOVES, 10 DE XUÑO DE 2021

N.º 130

XUNTA DE GALICIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE DE LUGO. SERVIZO DE
EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL
Anuncio CONVENIOS COLECTIVOS
Visto o texto do Convenio Colectivo para o sector de Limpeza de Edificios e Locais da provincia de Lugo, Código 27000335011981, asinado o día 10 de maio de 2021, pola representación empresarial e das centrais sindicais C.I.G., U.G.T. e CC.OO., como membros da comisión negociadora e de conformidade co disposto no artigo 90
apartados 2 e 3 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos e acordos colectivos de traballo ACORDO:

SEGUNDO: Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.
Lugo, 3 de xuño de 2021.- A xefa territorial, Pilar Fernández López.
TEXTO ARTICULADO
CONVENIO COLECTIVO PROVINCIAL
PARA O SECTOR DE LIMPEZA DE EDIFICIOS E LOCAIS DE LUGO
CAPITULO I
Ámbito de aplicación e duración Artigo 1º.- Ámbito Territorial e Persoal.- As estipulacións deste Convenio Colectivo teñen carácter de mínimas e son de aplicación a todo o persoal que presta os seus servizos nas empresas adicadas á Limpeza de Edificios e Locais que realizan os seus traballos na provincia de Lugo, aínda cando o domicilio social das empresas radique noutra provincia.
Artigo 2º.- Ámbito Temporal.- A vixencia do presente Convenio iniciase o 1 de xaneiro de 2019 e remata o 31 de decembro do 2021.
Chegado o remate da vixencia, o presente Convenio se considerará denunciado automáticamente.
Non obstante, a denuncia do Convenio non significa modificación algunha na aplicación do seu texto articulado e obrigas salariais, que continuarán vixentes prorrogados tácitamente de ano en ano ata a sustitución polo novo, nos termos que as partes establezcan.
CAPITULO II
Xornada, vacacións, horas extraordinarias, licenzas e contratación eventual Artigo 3º.- Xornada Laboral.- A xornada laboral establécese nun máximo de 39 horas semanais efectivas de traballo para todos os traballadores afectados polo presente Convenio.
Os días 24 e 31 de decembro e o Sábado Santo consideraranse con carácter xeral como xornada non laborable.
Sen embargo, nos casos que sexa necesario, por así demandalo a empresa ou organismo arrendatario dos servizos de limpeza, o persoal que presta servizos nestes centros de traballo estará obrigado a realizar un servizo mínimo nas seguintes condicións: a xornada de traballo verase reducida na metade do tempo da que se realiza habitualmente, rematando os labores antes das 18:00 horas. Nestes casos a empresa e a representación dos traballadores negociarán a forma de compensar, ben económicamente a través do plus de traballo en domingos e festivos previsto no Artigo 18º do presente Convenio, ben mediante descansos, a reducción antes aludida. Tal compensación negociarase igualmente para aquelas persoas que, pola natureza do traballo que desenvolvan, realicen as súas funcións en quendas rotatorias, persoas que se exceptúan das reduccións horarias previstas neste artigo.

Anuncio publicado en: Num BOP 130 año 2021 10/06/2021
09/06/2021 08:00:00
14:11:51

PRIMEIRO: Ordenar a inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta xefatura territorial, así como o seu depósito.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 10/06/2021

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha10/06/2021

Nro. de páginas24

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones