Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/09/2020

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 219 mércores, 23 de setembro de 2020

BOP Lugo
interinidade recollida no artigo 15 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, así como no artigo 4.2 b do Real Decreto 2720/1998, de 18 de decembro, polo que se desenvolve o artigo 15 do Estatuto dos Traballadores en materia de contratos de duración determinada.
A relación laboral de interinidade estenderase dende a sinatura do contrato ata a cobertura definitiva da praza ou cando por causas sobrevenidas a mesma sexa amortizada ou por supresión do servizo, sen que de acordo co disposto entre outras, na Sentenza do Tribunal Supremo Sala 4 do Social de 10 de outubro de 2014, recaída no recurso de casación para a unificación de doutrina número 723/2013 dito proceso de cobertura poda superar os tres anos.
A xornada semanal será de 37,5 horas á semana.
Funcións do posto:
-Funcións de albanel, etc. en dependencia do encargado correspondente.
-Tarefas de mantemento e conservación albanelería,carpintería, pintura.. das instalacións municipais e mobiliario público baixo supervisión -Bacheado de camiños baixo supervisión -Reformas e pequenas construcións municipais baixo supervisión -Apertura e peche do cemiterio -Mantemento do cemiterio, e instalacións, incluíndo traballos de albanelería, e pequenas construcións - Enterros e labores anexas -Mantemento do libro de policía sanitaria
-Nos colexios públicos: Tarefas de mantemento - Calquera outra relacionada co posto que lle encomende o seu superior xerárquico.
As retribucións a percibir serán as establecidas no Convenio Colectivo do persoal laboral deste Concello para postos de igual categoría grupo E; nivel de complemento de destino 14. Complemento específico: 137,39 euros brutos mensuais.
A convocatoria, bases e anexos publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Lugo BOP, na sede electrónica http burela.sedelectronica.es e no taboleiro de anuncios do Concello de Burela.
As bases íntegras estarán así mesmo a disposición dos/das interesados no Rexistro Xeral do Concello.
Toda a documentación que se publique con posterioridade a convocatoria, bases e anexos serán obxecto de publicidade mediante o correspondente anuncio no taboleiro de edictos sito na casa consistorial e no taboleiro de anuncios dixital, exclusivamente. O acceso ao taboleiro de anuncios dixital realizase a través da sede electrónica do Concello de Burela http burela.sedelectronica.es.
2.- REQUISITOS DOS/AS ASPIRANTES.
Para ser admitidos/as á realización destas probas selectivas, os/as aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:
a Ter nacionalidade española ou ter nacionalidade doutro Estado co alcance que se sinala no artigo 57 do RD
Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.
b Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
c Estar en posesión de certificado de escolaridade ou titulo equivalente ou superior. No caso de alegar equivalencias de títulos achegarase o certificado ao efecto da Consellería de Educación ou organismo competente. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán ter o documento que acredite fehacientemente a súa homologación.
d Acreditar a capacidade funcional para o desempeño das funcións propias do posto. En consecuencia non padecer enfermidade ou eiva física ou psíquica que impida o desenvolvemento das funcións do posto.
e Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que houbese estado separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.

Anuncio publicado en: Num BOP 219 año 2020 23/09/2020
22/09/2020 08:00:00
10:50:49

-Manexo de maquinaria e vehículos necesarios para as súas labores

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/09/2020

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha23/09/2020

Nro. de páginas21

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Septiembre 2020>>>
DLMMJVS
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930