Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 25/09/2020

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

VENRES, 25 DE SETEMBRO DE 2020

N.º 221

CONCELLOS
MONFORTE DE LEMOS
Anuncio Por acordo da Xunta de Goberno Local de data 14 de setembro do 2020 prestouse aprobación ás bases e a convocatoria do proceso selectivo para a selección dun peón multiservizos como persoal laboral temporal, por un período de 9 meses, 80% da xornada dos empregados públicos, no marco do Programa de Fomento do Emprego 2020, financiado pola Excma. Deputción Provincial de Lugo.

A presentación das solicitudes farase no Rexistro de documentos do Concello, en horario de nove a dúas, ou en calquera dos restantes lugares previstos no artigo 16 da 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común, no prazo de VINTE 20 días hábiles dende o día seguinte ó da publicación de anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
Se as instancias non son presentadas no rexistro do Concello os aspirantes deberán comunicalo o mesmo día da presentación ben por fax 982404812 ou por correo electrónico rrhh@concellodemonforte.com a este Concello.
BASE 1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA
E obxecto desta convocatoria a selección dun PEON MULTISERVICIOS ó 80 % da xornada dos empregados públicos, durante 9 meses.
En todo caso a contratación nunca se entenderá mais aló do 30 de setembro de 2021.
O seleccionado prestará servizo ó 80 % da xornada laboral dos empregados públicos, en varios dos departamentos municipais, conforme se precise, auxiliando a ditos servizos obras, alumeado, servizos, medio ambiente, parques e xardíns e calquera outro que o poida necesitar e resulte compatible coas súas funcións.
A presente selección regularase polo previsto nas presentes bases e no Programa de fomento do emprego 2020
do Plan Provincial Único de Cooperación cos Municipios da Excelentísima Deputación de Lugo e, no non previsto nestes, polo establecido no:
- Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, por el que se aproba o Texto Refundido do Estatuto Básico do Empregado Público.
-Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia.
-Lei 30/84, de 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública.
- Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.
-Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado por Real Decreto lexislativo 781/1986, de 13 de xuño.
-Lei 5/1997, de 22 de xullo, da administración local de Galicia.
-Real Decreto lexislativo 1/2008, de 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia -Decreto Lexislativo 2/2015, 12 de febreiro , polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade.
-Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración Local.

Anuncio publicado en: Num BOP 221 año 2020 25/09/2020
24/09/2020 08:00:00
13:30:56

As persoas aspirantes que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán facelo constar mediante solicitude, dirixida ao Sr. Alcalde - Presidente do Concello de Monforte de Lemos con arreglo ao modelo que figura nas bases da convocatoria.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 25/09/2020

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha25/09/2020

Nro. de páginas21

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Septiembre 2020>>>
DLMMJVS
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930