Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/07/2020

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 153 luns, 6 de xullo de 2020

BOP de Lugo
O Concello procederá á contratación das persoas propostas que superaran o exame médico e a proba de esforzo baixo a modalidade de obra ou servizo determinado.
6. SISTEMA DE SELECCIÓN: CONCURSO DE MÉRITOS.
FASE DE CONCURSO. BAREMO DE MÉRITOS puntuación máxima 7 puntos.
A selección realizarase valorando os seguintes méritos:
a Experiencia laboral profesional: Puntuación máxima: 5 puntos.
Por acreditar ter experiencia como xefe de brigada, coordinador técnico, capataz GRUMIR: 0,25 puntos/mes.
Por acreditar ter experiencia como peón de incendios/GRUMIR: 0,10 puntos/mes.
A puntuación minorarase de forma proporcional en función da porcentaxe de xornada, cando esta fora parcial.
Acreditarase mediante a presentación de informe de vida laboral e do/s contrato/s de traballo, ou da certificación da entidade, de forma que queden acreditadas entidade, posto de traballo, xornada e duración.
b Formación relacionada co desempeño do posto de traballo Puntuación máxima: 2 puntos.
Por ter realizado cursos relacionados coa protección do ecosistema e efectos do lume, comportamento do lume, técnicas de extinción, apertura dunha liña de defensa, mantemento de ferramentas, manexo da emisora, seguridade e en xeral de protección de incendios impartidos polo Instituto Nacional de Administración Pública ou calquera centro oficial autorizado para impartilos, incluídos os organizados ou promovidos polos Concellos:
Por cada curso de 60 ou máis horas de duración ou de 10 xornadas: 0,50 puntos Por cada curso entre 30 e 59 horas de duración ou de 5 a 9 xornadas: 0,40 puntos Por cada curso entre 10 e 29 horas de duración ou de 2 a 4 xornadas: 0,20 puntos
No caso de producirse empates, o Tribunal de Valoración decidirá en función da puntuación obtida no apartado de experiencia , incluso si excedese da puntuación máxima do citado apartado. De persistir o empate serán puntuados os cursos de formación dos aspirantes nesta situación sen o límite establecido de 2 puntos. Si aínda así persistira, observarase a prioridade pola orde de entrada da solicitude no rexistro de entrada do Concello.
A puntuación final das persoas que obtiveran a cualificación de aptas será a resultante da fase de concurso. Será proposta para o posto de traballo convocado a persoa que acadara a maior puntuación, quedando as restantes conformando unha listaxe de reserva, ordenada segundo a puntuación obtida, aos efectos de renuncia, baixa, non superar o recoñecemento médico e/ou proba física de esforzo, ou calquera outra continxencia das persoas candidatas propostas, sendo requirida a que figure na listaxe no seguinte lugar, sucesivamente, cando as circunstancias o requiran.
7.- PROBA DE GALEGO.
O artigo 51.2 da Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia establece que:
, para darlle cumprimento á normalización do idioma galego nas Administracións Públicas de Galicia e para garantir o dereito ao uso do galego nas relacións coas Administracións Públicas no ámbito da Comunidade Autónoma, así como a promoción do uso normal do Galego por parte dos poderes públicos de Galicia, nas probas selectivas que se realicen para o acceso aos postos das Administracións Públicas incluídas no ámbito de aplicación desta lei incluirase un exame de galego, agás para aquelas persoas que acrediten o coñecemento da lingua galega consonte a normativa vixente. As bases das convocatorias dos procesos selectivos establecerán o carácter e, se é o caso, a valoración do coñecemento da lingua galega.
Aquelas persoas aspirantes que non acrediten o nivel de galego CELGA 4 deberán realizar esta proba que poderá consistir, alternativamente, na tradución dun texto en castelán para o galego ou en galego para o castelán.
Esta proba é obrigatoria e eliminatoria e cualificarase con apto ou non apto.
8.- INCIDENCIAS.
Estas bases e tódolos actos administrativos que delas se deriven, poderán ser impugnados nos casos e na forma establecidos na Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Para o non previsto nestas bases, será de aplicación a Lei 7/1985 de 2 de abril, o Real Decreto Lexislativo 781/86 de 18 de abril, o Real Decreto 896/1991 de 7 de xuño, o Real Decreto 364/1995 de 10 de marzo e a normativa laboral de aplicación.

Anuncio publicado en: Num BOP 153 año 2020 06/07/2020
03/07/2020 08:00:00
14:11:37

Será acreditado mediante presentación de fotocopia compulsada do correspondente diploma ou certificado da actividade formativa, no que debe figurar a súa duración, en número de horas ou xornadas.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/07/2020

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha06/07/2020

Nro. de páginas19

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones