Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/07/2020

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

32

Núm. 151 venres, 3 de xullo de 2020

BOP Lugo
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b y 20.8.a da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións http www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index:
Primeiro. Beneficiarios.
Poderán ser beneficiarios destas axudas as persoas físicas ou xurídicas, legalmente constituidas que sendo autónomo ou microempresa definida a continuación, leven a cabo as actividades empresariais ou comerciais no ámbito territorial do Concello de Xove que motiven a concesión da presente axuda.
Aos efectos de definir a condición de microempresa estarase ao disposto no Anexo I do Regulamento UE nº 651/2014 da Comisión, de 17 de xuño de 2014; enténdese como empresa toda entidade, con independencia da súa forma xurídica, que exerza una actividade económica, considerándose igualmente as comunidades de bens e as sociedades civís que, non obstante, deberán solicitar a axuda por autónomo que a constitúa aínda cando se lles esixirá a presentación do contrato privado ou documento de constitución no que se acredite a porcentaxe de participación na comunidade ou sociedade, tal e como se establece na Base Sexta.
En particular, defínese microempresa como aquela empresa que ocupa a menos de 10 persoas e cuxo volumen de negocios anual ou cuxo balance xeral non supera os 2.000.000,00 euros. Exclúense aquelas que son vinculadas ou asociadas, aos efectos do disposto no artigo 3 do Anexo I anterior.
-autónomos e empresas dos sectores da pesca, agricultura e gandería -autónomos societarios con independencia da naturaleza da sociedade; no seu caso, será a sociedade na que participen a que poda optar á presente axuda se cumpre cos requisitos esixidos.
-asociacións, clubes, fundacións e, en xeral entidades sen ánimo de lucre -empresas ou autónomos vinculados ao Concello de Xove ben a través de una relación contractual ou como prestadores habituais e continuadas de servizos durante alomenos os últimos dous anos.

Constitúe obxecto das presentes bases a regulación do procedemento aplicable para o outorgamento de axudas a autónomos e microempresas para facer fronte aos efectos orixinados pola declaración do estado de alarma con motivo do COVID-19.
Terceiro. Bases reguladoras Pode consultarse a Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Xove na seguinte dirección:
http xove.sedelectronica.gal/transparency/58926865-bd2e-46f3-857a-14f57f19f9fd/
Cuarto. Contía das axudas Axudas Tipo I: autónomos e microempresas cuxa actividade se vise afectada polo peche de establecementos disposto no RD 463/2020, de 14 de marzo, modificado polo RD 465/2020, de 17 de marzo.
Contía da axuda: 1.500,00 euros Complemento en función do número de traballadores ou autónomos colaboradores a cargo do solicitante no momento da presentación da solicitude:
-600,00 euros por traballador para o caso de que se acredite que non se presentou un expediente temporal de regulación de emprego ERTE no momento de solicitar a subvención así como comprometerse a non solicitalo nos 3 meses inmediatamente seguintes á súa concesión -Caso de ter solicitado ou/e concedido un ERTE no momento de solicitar a axuda, 600,00 euros por traballador non afectado polo mesmo.
Aos efectos do cómputo do número de traballadores para esta liña teranse en conta as persoas traballadoras por conta allea con independencia da súa modalidade contractual en proporción á xornada laboral. Os contratos de traballo a tempo parcial computarán en proporción á xornada.
No caso de autónomos que compoñan una comunidade de bens ou sociedade civil, a axuda que podan percibir será prorrateada en función da súa porcentaxe de participación.
Axudas Tipo II: autónomos e microempresas cuxa actividade se vise afectada de xeito parcial por ter reducido a súa producción en alomenos un 40% respecto do promedio facturado no semestre natural anterior á declaración do estado de alarma. Cando o solicitante non leve de alta os 6 meses naturais esixidos para acreditar a redución dos ingresos, a valoración levarase a cabo tendo en conta o periodo de actividade.
Contía da axuda: 750,00 euros.
Complemento en función do número de traballadores ou autónomos colaboradores a cargo do solicitante no momento da presentación da solicitude:

Anuncio publicado en: Num BOP 151 año 2020 03/07/2020
02/07/2020 08:00:00
13:50:25

Segundo. Obxecto

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/07/2020

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha03/07/2020

Nro. de páginas34

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones