Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 26/03/2020

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 070 xoves, 26 de marzo de 2020

BOP Lugo
atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
e Non atoparse incurso nas causas de incompatibilidade ou incapacidade que determine a lexislación vixente.
f Os aspirantes que padezan minusvalía deberán facelo constar expresamente na instancia.
g Estar en posesión do título académico esixido nas bases xerais e específicas para ingresar no emprego de referencia na data en que remate o prazo de presentación de instancias, ou en disposición de obtelo, neste caso Certificado de Escolaridade ou equivalente homologado.
h Estar en posesión do Celga 2, da lingua galega, ou equivalente homologado.
i Estar en posesión do permiso de conducir B, vixente.
j Para poder optar a este posto o candidato/a provirá de situación de desemprego ou de mellora de emprego para os casos en que a xornada de traballo sexa igual ou inferior ao 50% da xornada criterio incluído nas bases reguladoras do Plan Provincial Único de Cooperación Cos Concellos 2019, no que respecta ao programa de Fomento do Emprego para o período 2019-2020, publicadas no BOP núm. 52 do 2 de marzo de 2019.
QUINTA.FORMA E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
1.As persoas que desexen tomar parte no proceso selectivo convocado, deberano facer constar mediante unha instancia, modelo Anexo I, dirixida ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello, na que manifestarán, ademais dos datos persoais co enderezo, a denominación do emprego ao que optan e que reúnen todos e cada un dos requisitos da presente convocatoria.
2. O prazo de presentación de instancias será de cinco días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

Cómpre que o Concello teña constancia da presentación desta documentación no prazo en que remata o día de presentación de instancias.
A solicitude irá acompañada da seguinte documentación:
.- Fotocopia do Documento Nacional de Identidade, compulsada por ámbalas caras.
.- Fotocopia do Permiso de conducir, compulsado por ámbalas caras.
.- Fotocopia compulsada da Titulación mínima ou certificación acreditativa de telas superada.
.- Fotocopia compulsada do certificado Celga 2 ou equivalente.
.- Fotocopia da Vida Laboral coa fin de comprobar que o/a candidato/a proven de desemprego ou de mellora de emprego, coas limitacións indicadas na base cuarta apartado j.
.- Fotocopia compulsada da tarxeta de demandante de emprego ou documento análogo Informe de situación administrativa da oficina de emprego que acredite a situación de desemprego ou mellora de emprego con data actual.
.- Fotocopia compulsada dos documentos acreditativos dos méritos alegados para a súa valoración na fase de concurso esta documentación non será excluínte para a confección da lista provisional de admitidos e excluídos. A non acreditación dos méritos alegados determinará que estes non serán tidos en conta polo Tribunal nin se valorarán aínda que se acrediten fóra do prazo de presentación de instancias xa que non poderá subsanarse.
SEXTA.- ADMISIÓN DE SOLICITUDES
1.- Rematado o prazo para presentar as instancias o Alcalde ditará resolución comprensiva que conterá:
- a lista provisional de admitidas/os e excluídas/os coa especificación do motivo de exclusión.
- a designación do tribunal cualificador e a data da súa constitución.
- a data, hora e lugar en que se realizará a valoración de méritos e a fase de oposición, debendo transcorrer cando menos 24 horas entre a publicación e a data de realización das probas.
Esta resolución publicarase de xeito íntegro no taboleiro de anuncios do Concello.
2.- Durante os dous días hábiles seguintes á publicación da lista provisional de admitidos e excluídos, unicamente os/as excluídos/as poderán solicitar a subsanación de erros e presentar reclamacións á lista provisional. Quen non presentara a solicitude de subsanación ou reclamación no prazo indicado, decaerá do seu dereito sendo excluído definitivamente da lista de aspirantes.
No caso de non haber excluídos, a lista provisional elevarase a definitiva automaticamente.

Anuncio publicado en: Num BOP 70 año 2020 26/03/2020
20/03/2020 08:00:00
12:31:52

3.As instancias deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Mondoñedo ou mediante algunha das formas previstas na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 26/03/2020

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha26/03/2020

Nro. de páginas15

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones