Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 26/03/2020

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 070 xoves, 26 de marzo de 2020

BOP Lugo
MAQUINARIA FORESTAL: CONDUTOR DE TRACTOR, a tempo completo, dende a súa contratación e ata o 30 de setembro de 2020, que se realiza ao abeiro das bases reguladoras do Plan Provincial Único de Cooperación Cos Concellos 2019, no que respecta ao programa de Fomento do Emprego para o período 2019-2020, publicadas no BOP núm. 52 do 2 de marzo de 2019.
Baixo a coordinación do Alcalde-Presidente ou Concelleiro/a en quen delegue, a persoa seleccionada desempeñará as súas funcións vinculadas á Delegación de Obras e Servizos Municipal do Concello de Mondoñedo.
SEGUNDA. NORMATIVA APLICABLE
A este proceso selectivo de CONCURSO-OPOSICIÓN, seralle de aplicación o previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril do Emprego Público de Galicia, así como o disposto no artigo 61 do Estatuto Básico do Empregado Público en adiante EBEP, aprobado polo Real Decreto 5/2015, do 30 de octubre polo que se aproba o Texto Refundido do EBEP.

-

Lei 30/1984, do 2 de agosto, de Medidas de Reforma para a Función Pública.

-

Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local.

-

Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local.

-

Decreto 364/1995, do 10 de marzo, que aproba o Regulamento Xeral de Ingreso de Persoal ao Servizo da Administración Xeral do Estado e de provisión de Postos de Traballo e Promoción Profesional dos Funcionarios Civís da Administración Xeral do Estado.

-

Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, polo que se aproban as regras básicas e programas mínimos do procedemento de selección de funcionarios de Administración Local.

-

Lei 53/1984, do 26 de decembro, de Incompatibilidades do persoal ao Servizo das Administracións Públicas.

-

Lei 5/1997, de 22 de xullo, reguladora da Administración Local de Galicia.

-

Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.

-

Lei 2/2015, do 29 de abril, do Emprego Público de Galicia.

-

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

-

Demais disposicións aplicables.

TERCEIRA. MODALIDADE E DURACIÓN DO CONTRATO
O modelo de contrato de traballo a utilizar será o de obra/servizo determinado.
O réxime xurídico da relación será de carácter laboral.
A xornada de traballo será a xornada completa, de luns a domingo, dende a súa contratación e ata o 30 de setembro de 2020, cos descansos establecidos na lexislación vixente. En función das necesidades de servizo, o horario poderá ser de mañá ou de tarde ou a xornada partida.
A retribución mensual bruta, incluída a parte proporcional de paga extraordinaria será de 1.341,67 euros, aínda que o salario liquidarase mensualmente e a parte proporcional da paga extraordinaria, en relación ao tempo traballado, no mes de xuño e á finalización do contrato.
CUARTA. REQUISITOS DOS ASPIRANTES
Con carácter xeral, os/as aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos, na data en que remate o prazo de presentación de instancias para poder tomar parte nas probas de selección:
a Ter nacionalidade española sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto do Empregado Público.
b Ter cumpridos dezaseis anos.
c Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que impida o desenvolvemento das funcións do emprego.
d Non estar separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para exercer funcións similares ás que desempeñaban, no que fora separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro estado, non
Anuncio publicado en: Num BOP 70 año 2020 26/03/2020
20/03/2020 08:00:00
12:31:52

No non previsto nas presentes bases, tamén será de aplicación:

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 26/03/2020

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha26/03/2020

Nro. de páginas15

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones