Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 24/03/2020

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

5

Núm. 068 martes, 24 de marzo de 2020

BOP Lugo
De acordo co artigo 14 da Constitución Española, os Tribunais velarán polo cumprimento do principio de igualdade de oportunidades entre ambos sexos.
9.3.- Cando o procedemento selectivo por dificultades técnicas ou doutra índole así o aconsellase, o Tribunal poderá dispoñer a incorporación aos seus traballos de asesores/as especialistas, para todas ou algunha das probas, de acordo co previsto nas correspondentes convocatorias. Os devanditos asesores/as colaborarán co órgano de selección exclusivamente no exercicio das súas especialidades técnicas, e terán voz pero non voto.
Así mesmo, os Tribunais poderán valerse de persoal auxiliar durante o desenvolvemento material dos exercicios, cuxa designación deberá comunicarse ao órgano competente, que haberá de autorizar o número de persoal auxiliar proposto.
O nomeamento dos asesores especialistas e persoal auxiliar publicarase mediante Anuncio do Tribunal Cualificador no Taboleiro de Edictos do Concello de Meira e na páxina web municipal: www.concellodemeira.com.
9.4.- Para a válida constitución dos Tribunais, para os efectos da celebración das sesións, deliberacións e toma de acordos, requirirase a presenza do/a Presidente/a e o/a Secretario/a ou, no seu caso, de quen lles substitúa, e da metade polo menos do resto dos seus membros.
8.5.- O Tribunal adoptará os seus acordos por maioría dos membros presentes en cada sesión. En caso de empate repetirase a votación e, se persiste o empate, éste dirimirao a Presidencia co seu voto. Para as votacións seguirase a orde establecida na Resolución de nomeamento dos membros do tribunal, votando en último lugar o/a Presidente/a. Os acordos do tribunal poderán ser impugnados nos supostos e na forma establecida na Lei 40/2015.
O tribunal continuará constituído ata tanto se resolvan as reclamacións expostas ou as dúbidas que poida suscitar o procedemento selectivo.

As incidencias que poidan xurdir respecto da admisión de aspirantes nas sesións de celebración de exames serán resoltas polo Tribunal cualificador, quen dará traslado ao órgano competente.
Os tribunais poderán requirir ás persoas aspirantes, en calquera momento do proceso, a documentación acreditativa dos requisitos esixidos na convocatoria.
En caso de constatarse que algunha das persoas aspirantes non reúne un ou varios dos requisitos, o Tribunal, previa audiencia ao/á interesado/a, deberá emitir proposta motivada de exclusión do proceso selectivo, dirixida ao órgano que aprobase a relación definitiva de aspirantes admitidos/as, comunicando, así mesmo, as inexactitudes ou falsidades formuladas pola persoa aspirante na súa solicitude de participación para os efectos pertinentes.
Contra a Resolución do devandito órgano poderán interpoñerse os recursos administrativos que procedan. Así mesmo, se o Tribunal durante o desenvolvemento do proceso selectivo tivese coñecemento ou dúbidas fundadas de que algunha das persoas aspirantes carece de capacidade funcional para o desempeño das tarefas e funcións habituais da categoría obxecto da convocatoria, solicitará informe preceptivo dos órganos técnicos competentes, o cal será evacuado no prazo máximo de dez días e terá o carácter de determinante para resolver. Desta actuación darase coñecemento ao/á interesado/a, ao obxecto de que poida formular as alegacións que estime oportunas.
Se do contido do ditame se desprendese que a persoa aspirante carece de capacidade funcional, o Tribunal emitirá proposta motivada de exclusión do proceso selectivo dirixida ao órgano competente. Ata que se dite a oportuna Resolución polo órgano competente a persoa aspirante poderá continuar participando condicionadamente no proceso selectivo.
Os Tribunais poderán excluír a aquelas persoas opositoras en cuxas follas de exame figuren nomes, marcas ou signos que permitan coñecer a identidade dos autores ou leven a cabo calquera actuación de tipo fraudulento durante a realización dos exercicios.
As resolucións dos tribunais vinculan á Administración municipal aínda que esta, no seu caso, poida proceder á súa revisión conforme ao previsto nos artigos 106 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, nese caso haberán de practicarse de novo as probas ou trámites afectados polas irregularidades 10.- Probas selectivas.
Primeiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio.
A primeira proba consistirá en contestar por escrito a un cuestionario de 50 preguntas tipo test, máis 5 de reserva, de carácter teórico, todas elas referidas ao temario de materias que se recolle no anexo I das presentes bases.
O exercicio terá a duración máxima de 60 minutos.
O exercicio cualificarase de 0 a 50 puntos e, para superalo, será necesario obter un mínimo de 25 puntos.

Anuncio publicado en: Num BOP 68 año 2020 24/03/2020
20/03/2020 08:00:00
11:59:48

9.6.- Durante o desenvolvemento das probas selectivas os Tribunais resolverán todas as dúbidas que puidesen xurdir na aplicación das bases da convocatoria, e adoptarán os acordos que garantan a boa orde do proceso no non previsto expresamente por aquelas.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 24/03/2020

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha24/03/2020

Nro. de páginas11

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones