Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 24/03/2020

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 068 martes, 24 de marzo de 2020

BOP Lugo
Aquelas persoas aspirantes que estean en situación de discapacidade e soliciten adaptación de tempo e medios para a realización das probas, deberán achegar xunto coa documentación mencionada, a seguinte:

-

Solicitalo de modo expreso na súa instancia, concretando as adaptacións concretas que pretende.

-

Achegar fotocopia compulsada de ditame técnico facultativo emitido polo órgano técnico de cualificación do grado de discapacidade competente, acreditando de forma fidedigna as deficiencias permanentes que deron orixe ao grado de discapacidade recoñecido, a efectos de que o órgano de selección poida valorar a procedencia ou non das adaptacións solicitadas.
Só se poderá solicitar e outorgar esta adaptación se a persoa aspirante presenta especiais dificultades para a realización das probas de oposición e así se acredita co ditame técnico facultativo e estas adaptacións gardan relación directa coa proba a realizar. As adaptacións de tempo deberán axustarse ao previsto na Orden PRE/1822/2006 de 9 de xuño, do Ministerio da Presidencia.
8.- Admisión de aspirantes.
4.1.- Para ser admitidas ao proceso selectivo bastará con que as persoas aspirantes manifesten na súa solicitude que reúnen todos e cada un dos requisitos esixidos na base terceira, referidos á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes e acheguen a documentación relacionada no Anexo II.
O cumprimento destes requisitos será acreditado mediante a presentación dos documentos correspondentes na forma prevista nas presentes bases.

4.3.- As persoas aspirantes excluídas expresamente, así como as que non figuren na relación de persoas admitidas nin na de excluídas, disporán dun prazo único e improrrogable de dez 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da Resolución no Boletín Oficial da Provincia da Lugo, para emendar o defecto que motivara a súa exclusión ou a súa non inclusión expresa.
As persoas que dentro do prazo sinalado non emendasen os defectos xustificando o seu dereito a ser admitidas, serán definitivamente excluídas do proceso selectivo. Os erros na consignación dos datos persoais rectificaranse de oficio ou a instancia da persoa interesada en calquera momento do proceso selectivo.
4.4.-Finalizado o prazo de emenda de defectos das solicitudes, publicarase no Boletín Oficial da Provincia da Lugo unha resolución declarando aprobada a relación definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas, no prazo máximo dun mes, que poderá ser prorrogado por causas xustificadas e previa resolución motivada.
A proposta do Tribunal cualificador, poderase indicar na citada resolución, xunto coa data, lugar e hora de realización da primeira proba, sen prexuízo de que con anterioridade o Tribunal publique estas mediante Anuncio do Tribunal cualificador.
9.- Tribunal cualificador.
9.1 .- O tribunal cualificador está constituído da seguinte forma:

Presidente/a: un/unha funcionario/a ou persoal laboral fixo.

Secretario/a: un/unha funcionario/a ou persoal laboral fixo.

Vogais: tres funcionarios/as ou persoal laboral fixo.

O/a secretario/a do tribunal cualificador terá voz pero non voto.
En todo caso a constitución do tribunal cualificador deberá respectar o establecido no artigo 60 do Texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público.
9.2.- Os membros do tribunal deberán absterse de intervir e notificaranllo ao órgano convocante, cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público ou se realizaron tarefas de preparación ás probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.
Así mesmo, as persoas aspirantes poderán recusar aos membros do tribunal cando concorran as devanditas circunstancias.
O tribunal cualificador resolverá as dúbidas que puideran xurdir na aplicación destas normas, así como o que se deba facer nos casos non previstos.
Os/as vogais deberán posuír titulación ou especialización igual ou superior á esixida para o acceso á praza convocada Real decreto 896/91 do 7 de xuño, artigo 4.e.

Anuncio publicado en: Num BOP 68 año 2020 24/03/2020
20/03/2020 08:00:00
11:59:48

4.2.- Terminado o prazo de presentación de solicitudes o titular do órgano competente ditará Resolución declarando aprobada a lista provisional de persoas admitidas e excluídas, no prazo máximo de dous meses. A
Resolución, que conterá a lista completa de persoas aspirantes admitidas e excluídas, deberá publicarse no Boletín Oficial da Provincia da Lugo, no Taboleiro de Edictos do Concello de Meira e na páxina web municipal www.concellodemeira.com.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 24/03/2020

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha24/03/2020

Nro. de páginas11

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones