Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/11/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 262 venres, 15 de novembro de 2019

BOP Lugo
c A execución de programas de carácter temporal.
d O exceso ou acumulación de tarefas por prazo máximo de seis meses, dentro dun período de doce meses.
Artigo 19.Dous da Lei 6/2018, de 3 de xullo, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2018, esixe que: non se poderá proceder á contratación de persoal temporal, así como ao nomeamento de persoal estatutario temporal e de funcionarios interinos agás en casos excepcionais e para cubrir necesidades urxentes e inaprazables.
Artigo 55.1 do RD 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público que sinala que todos os cidadáns teñen dereito ao acceso ao emprego público de acordo cos principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, e de acordo co previsto no presente Estat uto e no resto do ordenamento xurídico.
Artigo 55.2 do RD 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público que preceptúa que as Administracións Públicas, entidades e organismos a que se refire o artigo 2 do presente Estatuto seleccionarán ao seu persoal funcionario e laboral mediante procedementos nos que se garantan os principios constitucionais antes expresados, así como os establecidos a continuación:
a Publicade das convocatorias e das súas bases.
b Transparencia.
c Imparcialidade e profesionalidade dos membros dos órganos de selección.
d Independencia e discrecionalidade técnica na actuación dos órganos de selección.
e Adecuación entre o contido dos procesos selectivos e as funcións ou tarefas a desenvolver.

Artigo 61.1 do RD 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, que dispón que os procesos selectivos terán carácter aberto e garantirán a libre concorrencia, sen prexuízo do establecido para a promoción interna e das medidas de discriminación positiva previstas neste Estatuto.
Artigo 27 do Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración Xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración Xeral do Estado, sobre a selección e nomeamento dos funcionarios interinos.
Listaxes de emprego temporal conformadas por aspirantes que participaron en procesos selectivos.
Nestes momentos non existe Listaxe de Emprego Temporal de Auxiliar de Arquivo ao obxecto de poder cubrir provisionalmente as necesidades de nomeamentos interinos a través da devandita Listaxe, polo que resulta necesario a súa constitución para atender as necesidades que se poidan producir.
Proposta de acordo.
Considerando que se teñen constatado que existe na Entidade a necesidade de contar cunha listaxe de emprego temporal para poder xestionar axilmente a incorporación de efectivos deste tipo de titulación cando sexa precisa e estea xustificada a súa incorporación conforme ás esixencias da normativa vixente, en particular as referidas no artigo 19.Dous da Lei 6/2018, de 3 de xullo, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2018; en uso das facultades que lle confire á Xunta de Goberno, por delegación da Presidencia, o Regulamento Orgánico da Deputación Provincial de Lugo, publicado no BOP nº 056, de 10 de marzo de 2011, propoño á Xunta de Goberno a adopción do seguinte, Acordo:
1º.- Aprobar as Bases Específicas que rexerán o procedemento selectivo, mediante o sistema de concursooposición libre para a creación dunha listaxe de emprego temporal de Auxiliar de Arquivo Grupo C, subgrupo C1 para xestionar de xeito áxil as necesidades deste tipo de persoal e poder efectuar nomeamento de persoal funcionario/a interino/a polas causas reguladas no art. 10.1 da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.
Con respecto ás Bases Xerais que rexerán neste procedemento selectivos estarase ás aprobadas por acordo da Xunta de Goberno na súa sesión do día 04 de decembro de 2015 publicadas no BOP nº 289 de data 17/12/2015.
2º.- Convocar publicamente a quen desexe participar nestas probas selectivas, para constituír unha listaxe para emprego temporal das seguintes características:
Denominación praza/emprego/posto: Auxiliar de Arquivo.
Grupo/Subgrupo: C/C1.
Clasificación: Escala de Administración Especial, Subescala Servizos Especiais.
3º.- Ordenar que se realicen cantos trámites sexan necesarios para desenvolver este procedemento selectivo.

Anuncio publicado en: Num BOP 262 año 2019 15/11/2019
14/11/2019 08:00:00
13:07:38

f Axilidade, sen prexuízo da obxectividade, nos procesos de selección..

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/11/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha15/11/2019

Nro. de páginas21

Nro. de ediciones3288

Primera edición01/03/2013

Ultima edición27/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones