Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/11/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 262 venres, 15 de novembro de 2019

BOP Lugo
O ingreso das débedas realizarase en calquera oficina da Entidade ABANCA, La Caixa - Caixabank SA, Banco Bilbao Vizcaya Argentaria S. A. BBVA e Banco Sabadell S.A., en días laborables, de luns a venres, de 08:30 a 14:00 h, na que se presentará o documento de ingreso que se envía, por correo, aos domicilios dos contribuíntes. As persoas que non reciban ou extravíen o documento de ingreso, poderán solicitar un novo na oficina da entidade bancaria e realizarán, igualmente, o pagamento.
O pagamento dos citados tributos poderase domiciliar, para anos sucesivos, en caixas de aforros, bancos e demais entidades financeiras. Para este trámite será necesario cubrir o impreso de domiciliación que acompaña ao documento cobratorio e remitilo ao Servizo de Xestión Tributaria e Recadación, ou ben entregalo en calquera oficina de ABANCA, cando a domiciliación se refira a unha conta aberta nesta entidade.
Infórmase tamén que, transcurrido o prazo de ingreso en período voluntario, as débedas faranse efectivas pola vía de constriximento e serán esixibles as recargas do período executivo e os xuros de mora correspondentes, tal como estipulan os artigos 26 e 28 da Lei 58/2003, do dezasete de decembro, xeral tributaria e, se é o caso, as custas que se produzan.
A falta de pagamento do Canon da Auga e do Coeficiente de Vertedura, no período voluntario sinalado suporá a esixencia do mesmo directamente ao contribuíente pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia. A repercusión do canon da auga e do Coeficiente de Vertedura poderá ser obxecto de reclamación económico administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo dun mes dende esta notificación.
Lugo, 30 de outubro de 2019.- O Presidente, P. D. Decreto, de data 24/07/2019. A Deputada Delegada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Mayra García Bermúdez.
R. 3371

Anuncio PUBLICACION DO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DA DEPUTACIO PROVINCIAL DE LUGO ADOPTADO EN
SESIÓN CELEBRADA O 6 DE NOVEMBRO DE 2019 AO OBXECTO DE APROBAR A CONVOCATORIA E AS BASES
XERAIS E ESPECÍFICAS QUE REXERÁN O CONCURSO - OPOSICIÓN AO OBXECTO DE CONSTITUÍR UNHA
LISTAXE DE EMPREGO TEMPORAL PARA A CATEGORÍA DE AUXILIAR DE ARQUIVO AO OBXECTO DE
ATENDER AS NECESIDADES DESTE TIPO DE PERSOAL NOS SUPOSTOS PREVISTOS NO ARTIGO 10.1 do Real Decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.
Logo de ver a proposta da Sra. Deputada Delegada da Área de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo do seguinte teor:
Obxecto da convocatoria.
O obxecto desta convocatoria é a de realizar un proceso selectivo, mediante o sistema de concursooposición, para constituír unha listaxe de emprego temporal de Auxiliar de Arquivo Escala de Administración Especial, Subescala Servizos Especiais, Grupo C, Subgrupo C1 para atender ás necesidades urxentes de incorporación de efectivos destas características, nas circunstancias recollidas no artigo 10.1 do EBEP.
Características do tipo de praza/emprego/posto obxecto da convocatoria:
Denominación: Auxiliar de Arquivo Clasificación:
Réxime xurídico funcionarial.
Grupo C.- Subgrupo C1.
Escala de Administración Especial. Subescala Servizos Especiais.
Normativa de aplicación ao obxecto da convocatoria.
Visto o disposto pola normativa de aplicación:
Artigo 10.1 do RD 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, polo que se establece que son funcionarios interinos os que, por razóns expresamente xustificadas de necesidade e urxencia, son nomeados para o desempeño de funcións propias de funcionarios de carreira, cando se dea algunha das seguintes circunstancias:
a A existencia de prazas vacantes cando non sexa posible a súa cobertura por funcionarios de carreira.
b A substitución transitoria dos titulares.

Anuncio publicado en: Num BOP 262 año 2019 15/11/2019
14/11/2019 08:00:00
13:07:38

SERVIZO DE RECURSOS HUMANOS. SELECCIÓN PROMOCIÓN E CARREIRA

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/11/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha15/11/2019

Nro. de páginas21

Nro. de ediciones3288

Primera edición01/03/2013

Ultima edición27/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones