Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/10/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 236 martes, 15 de outubro de 2019

BOP Lugo
5.- PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS.As instancias solicitando tomar parte no proceso selectivo dirixiranse ao Ilma. Sra. Alcaldesa e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Lugo debidamente cumprimentadas, durante o prazo de vinte días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio de cada convocatoria no Boletín Oficial do Estado.
Poderán así mesmo remitirse na forma determinada na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
A instancia acompañarase inescusablemente.
- Fotocopia do D.N.I.
- Fotocopia compulsada da documentación acreditativa do cumprimento do requisito recolleito no apartado b da base 4.
- Relación dos méritos que aleguen, enumerados segundo o correspondente baremo. A devandita relación acompañaranse ós documentos xustificativos dos méritos, orixinais ou fotocopias compulsadas.
6.- LISTA DE ADMITIDOS, DATA E LUGAR DE CELEBRACIÓN DAS PROBAS.Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, e despois de comprobadas, o órgano competente ditará resolución pola que declara aprobada a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as, coas causas que motivaron a exclusión, así como a designación do tribunal cualificador.
A resolución publicarase no BOP e no taboleiro de anuncios do Concello, concedéndose un prazo de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no BOP, para poder emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión, así como para promover a recusación dos membros do tribunal.
Transcorrido o prazo anterior, o órgano competente ditará nova resolución pola que aprobará a lista definitiva de admitidos e excluídos ao proceso selectivo, e fixará o lugar e data de comezo das probas.

7.- OBRIGA DOS ASPIRANTES DE CONCORRER ÁS PROBAS.De conformidade co artigo 12 do Decreto 243/2008, os aspirantes deberán acudir ás probas nas horas e datas dos respectivos chamamentos, sen posibilidade de adiantamento calquera que fose a causa que lles impida acudir, agás que a escusa sexa posible por ter amparo nun precepto legal, así como o suposto que se describe a continuación.
Nos casos de aspirantes embarazadas, ou en período de parto ou postparto, debidamente acreditados, poderase aprazar para as aspirantes nas que concorra dita circunstancia ata seis meses o desenrolo das probas físicas que lles correspondera efectuar, prazo que podería prorrogarse como máximo outros seis meses en caso xustificado.
Este aprazamento das probas físicas non afectará por si só ó resto das probas.
As mulleres embarazadas que prevexan que polas circunstancias derivadas do seu avanzado estado de xestación e previsión de parto, ou eventualmente os primeiros días despois do parto, a súa coincidencia coas datas de realización de calquera dos exames ou probas previstos no proceso selectivo poderán poñelo en coñecemento do tribunal, achegando á comunicación o correspondente informe médico oficial. A comunicación deberá realizarse con tempo suficiente e o tribunal determinará, con base á información de que dispoña, se procede ou non realizar a proba nun lugar alternativo ou ben un adiantamento da proba, ou ben ambas medidas conxuntamente.
8.- TRIBUNAL CUALIFICADOR.O Tribunal cualificador, designado pola Alcaldía, estará composto polos seguintes membros:
Presidente/a Tres vogais Secretario/a O tribunal quedará integrado, ademais, polos respectivos suplentes que serán designados xunto cos titulares.
Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo á autoridade convocante, cando concorran neles circunstancias das previstas no art, 23 da Lei 40/2015 do 1 de outubro de Réxime xurídico do Sector Público, ou tivesen realizado tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación da convocatoria, ou houbesen colaborado durante ese período con centros de preparación de opositores.
Os membros do Tribunal deben pertencer a un corpo, escala ou categoría profesional para acceder ó cal se esixa titulación igual ou superior á esixida para participar neste proceso.

Anuncio publicado en: Num BOP 236 año 2019 15/10/2019
14/10/2019 08:00:00
10:19:44

A orde de actuación das persoas aspirantes será determinado de acordo co establecido nas bases xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Excmo. Concello de Lugo.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/10/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha15/10/2019

Nro. de páginas20

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Octubre 2019>>>
DLMMJVS
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031