Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/10/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 236 martes, 15 de outubro de 2019

BOP Lugo
- Grupo A2: escala de Administración especial. Número de vacantes: 1 quenda de promoción interna.
Denominación: inspector/a principal policía local.
O dito acordo foi publicado no BOP de Lugo número 099, do 2 de maio de 2017, e DOG número 127, do 5 de xullo de 2017.
A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo, na sesión extraordinaria celebrada o once de xuño de dous mil dezanove, adoptou, entre outros o seguinte acordo 6/374 APROBACIÓN DAS BASES ESPECÍFICAS PARA A
COBERTURA DUNHA PRAZA DE INSPECTOR PRINCIPAL, POR PROMOCIÓN INTERNA. OEP-2016
Esta Concellería, en virtude das atribucións conferidas á Alcaldía polo artigo 124 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime Local e tendo en conta o Decreto número 19005684 do 01/07/2019 modificado polo Decreto número 19005695 do 03/07/2019, RESOLVE:
PRIMEIRO.- Convocar o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o acceso en propiedade a unha praza de Inspector/a Principal Policía Local pertencente ao cadro de persoal funcionario do Excmo. Concello de Lugo, quenda de promoción interna, que se rexerá, polas BASES ESPECÍFICAS PARA A
COBERTURA DUNHA PRAZA DE INSPECTOR PRINCIPAL, POR PROMOCIÓN INTERNA OEP-2016 aprobadas pola Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo, na sesión extraordinaria celebrada o once de xuño de dous mil dezanove, que seguidamente se transcriben:
BASES ESPECÍFICAS PARA A PROVISIÓN DE 1 PRAZA DE INSPECTOR PRINCIPAL DA POLICÍA LOCAL DO
CONCELLO DE LUGO

Estas bases específicas teñen por obxecto a regulación dos aspectos particulares do proceso de selección para o acceso como funcionario de carreira pola quenda de concurso-oposición, a UNHA praza de Inspector Principal da Policía Local de Lugo, de acordo co disposto na Lei 4/2007 de 20 de abril, de coordinación de policías locais de Galicia, modificada pola Lei 9/2016, de 8 de xullo, Decreto 243/2008, de 16 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 4/2007, modificado polo Decreto 77/2010, de 29 de abril e a Orde do 28 de xaneiro de 2009
pola que se determinan as probas de selección, temarios e baremos de méritos para o ingreso, promoción interna e mobilidade nos corpos de policías locais, para a integración dos vixiantes e auxiliares de policía de tempada, e no que non se opoña ás citadas disposicións, as bases xerais para o acceso en propiedade ás prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Lugo.
2.- CARACTERÍSTICA DA PRAZA.
A praza convocada está encadrada na Escala de Administración Especial, subescala servizos especiais, clase Policía Local e Auxiliares, escala executiva do subgrupo A2 dos establecidos no artigo 76 do Texto Refundido do Estatuto Básico do Empregado Público Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, categoría inspector principal da Policía Local, do cadro de persoal do Concello de Lugo. E figuran na Oferta de Emprego Público aprobada polo acordo nº 1/848, adoptado pola Xunta de Goberno Local no Concello de Lugo en sesión extraordinaria celebrada o día 23 de decembro de 2016, modificado polo acordo 6/174, adoptado pola Xunta de Goberno Local no Concello de Lugo en sesión ordinaria celebrada o 5 de abril de 2017.
3.- SISTEMA SELECTIVO
De acordo no previsto na Lei 4/2007, de 20 de abril, de coordinación de policías locais de Galicia, modificada pola Lei 9/2016, de 8 de xullo, establécese o sistema de concurso-oposición mediante o procedemento de promoción interna para a súa provisión.
4.- REQUISITOS DOS ASPIRANTES.
1. Para poder tomar parte no proceso selectivo de acceso, os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos, antes de rematar o prazo de presentación de instancias.
a Ser funcionario de carreira do Corpo de Policía Local do Concello de Lugo na categoría de INSPECTOR, e ter prestados servizos en dita categoría como tal por un período mínimo de tres anos continuados, computándose a estes efectos o tempo de segunda actividade por embarazo ou lactación. Este requisito será comprobado pola administración municipal de oficio.
b Posuír a titulación académica esixida para a categoría á que se opta grupo A, subgrupo A2, consonte a normativa de función pública e, en todo caso, de acordo coa lexislación vixente reguladora da coordinación de policías locais de Galicia. Para a acreditación de tal requisito deberase achegar polo aspirante copia do título oficial, e, no seu defecto, copia do xustificante de ter efectuado o depósito para obtelo.
c Non ter sido sancionado por falta grave ou moi grave, ou telas canceladas.
d Faltarlle máis dun ano para o pase á situación de segunda actividade por razón de idade, agás que o ascenso de categoría comporte cambio de escala, excluíndo a estes efectos a escala superior.

Anuncio publicado en: Num BOP 236 año 2019 15/10/2019
14/10/2019 08:00:00
10:19:44

1.- OBXECTO.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/10/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha15/10/2019

Nro. de páginas20

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Octubre 2019>>>
DLMMJVS
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031