Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/02/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 39 venres, 15 de febreiro de 2019

BOP de Lugo
- Artigo 61.1 do RD 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, que dispón que os procesos selectivos terán carácter aberto e garantirán a libre concorrencia, sen prexuízo do establecido para a promoción interna e das medidas de discriminación positiva previstas neste Estatuto.
- Artigo 27 e 35 do Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración Xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración Xeral do Estado, sobre a selección e nomeamento dos funcionarios interinos e contratación de persoal laboral temporal.
Listaxe de emprego temporal de administrativo/a conformada por aspirantes que participaron en procesos selectivos.
Nestes momentos a vixente Listaxe de Emprego Temporal das categoría de administrativo/a non conta con efectivos dispoñibles ao obxecto de poder atender as necesidades de cubrir provisionalmente o dito tipo de prazas/postos/empregos, xa que os seus integrantes atópanse prestando servizos, polo que resulta necesario a súa ampliación para atender as necesidades que se poidan producir conforme ás previsións sinaladas anteriormente.
Proposta de acordo.
Considerando que se ten constatado que existe na Entidade a necesidade de contar cunha listaxe de emprego temporal de Administrativo/a, para poder xestionar axilmente a incorporación de efectivos desta categoría cando sexa precisa e estea xustificada a súa incorporación conforme ás esixencias da normativa vixente, en particular as referidas no artigo 19.Dous da Lei 6/2018, de 3 de xullo, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2018; en uso das facultades que lle confire á Xunta de Goberno a normativa legal e regulamentaria aplicable, propoño á Xunta de Goberno a adopción do seguinte,
1º.- Aprobar que as Bases Específicas que rexerán o procedemento selectivo, mediante o sistema de concurso oposición libre, para a ampliación da listaxe de emprego temporal de administrativo/a para xestionar de xeito áxil as necesidades deste tipo de persoal e poder efectuar nomeamentos de persoal funcionario/a interino/a polas causas reguladas no art. 10.1 da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público ou no seu caso polo artigo 15 do Estatuto dos Traballadores serán as que foron aprobadas por esta Xunta de Goberno, en sesión celebrada o 04 de maio de 2018; e publicadas no BOP nº 107, do venres 11 de maio de 2018.
Con respecto ás Bases Xerais que rexerán neste procedemento selectivo estarase ás aprobadas por acordo da Xunta de Goberno, na súa sesión do día 04 de decembro de 2015 ; e publicadas no BOP nº 289 de data 17 de decembro do 2015.
2º.- Convocar publicamente a quen desexe participar nestas probas selectivas, para ampliar os efectivos da Listaxe de emprego temporal de administrativo/a.
3º.- Ordenar que se realicen cantos trámites sexan necesarios para desenvolver este procedemento selectivo.
A Xunta de Goberno, por unanimidade dos asistentes, acorda prestar aprobación á proposta presentada e anteriormente transcrita.
O que se da publicidade en cumprimento do art. 45 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, coa indicación de que o presente acordo pon fin a vía administrativa polo que contra este cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición ante a Xunta de Goberno no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación do presente Acordo ou recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses e na forma prevista na lexislación reguladora da devandita xurisdición, sen prexuízo de que poida interpoñer calquera outro que estime procedente.
Pazo Provincial, 13 de febreiro de 2019.- A SECRETARIA XERAL, María Esther Álvarez Martínez.
R. 0447

Anuncio PUBLICACIÓN DO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 8 DE FEBREIRO DE 2019 POLO QUE SE
APROBA A CONVOCATORIA E BASES PARA A PROVISIÓN DEFINITIVA DA PRAZA TÉCNICO DE
ADMINISTRACIÓN XERAL, AXENTE DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL DO CADRO DE PERSOAL
FUNCIONARIO, POLO SISTEMA DE CONCURSO-OPOSICIÓN LIBRE.
A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lugo, en sesión ordinaria celebrada o día 8 de febreiro de 2019, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
Logo de ver a proposta do Sr. Deputado Delegado de Goberno Interior, Asuntos Xerais e Formación, do seguinte teor:

Anuncio publicado en: Num BOP 39 año 2019 14/02/2019 14:30:51
15/02/2019 08:00:00

Acordo:

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/02/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha15/02/2019

Nro. de páginas37

Nro. de ediciones3288

Primera edición01/03/2013

Ultima edición27/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Febrero 2019>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
2425262728