Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/02/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 39 venres, 15 de febreiro de 2019

BOP de Lugo
Estando vixente unha Listaxe de Emprego Temporal desta categoría de administrativo/a, é necesario realizar este proceso selectivo para a súa ampliación xa que os efectivos que a integran non están dispoñibles para incorporarse, en caso de chamamento para o seu nomeamento interino ou contratación temporal, ao atoparse prestando servizos neste momento.
A necesidade de ampliación da dita Listaxe ven xustificada pola inminente execución dun Programa Temporal de Posta en marcha dos centros de atención a persoas maiores dentro da relación interadministrativa de cooperación e a prestación compartida de servizos sociais nos centros de atención a persoas maiores, no marco das relacións de cooperación acordadas entre Deputación provincial e Concellos da Provincia de Lugo nos que están asentados os ditos centros.
A rede de centros, incursos nese acordo de cooperación interadministrativa, cuxa posta en funcionamento se efectuará ao longo dos próximos meses, están nos concellos de Trabada, Pol, A Fonsagrada, Ribas de Sil, Pedrafita do Cebreiro, Ribadeo, Becerreá, A Pontenova, Pobra de Brollón, Folgoso de Caurel, Portomarín e Guitiriz; estando o seu desenvolvemento en distintas fases de execución.
A posta en funcionamento dalgún destes centros será inminente polo que se precisan de efectivos da categoría de administrativo/a para garantir que a xestión deste proceso se realiza conforme ás condicións e requirimentos establecidos nos convenios de cooperación asinados entre a Deputación e cada un dos concellos referidos.
En consecuencia o persoal que resulte seleccionado para integrar a devandita Listaxe de Emprego Temporal será chamado para prestar servizos en calquera dos referidos centros de atención a persoas maiores dos Concellos enumerados, a medida que sexa necesaria a súa incorporación para o desempeño das funcións que ten atribuído esta clase de persoal dentro das respectivas estruturas.
Igualmente o dito tipo de persoal que integre a Listaxe que se constitúa tamén poderá ser chamado para prestar servizos na Deputación Provincial de Lugo, nas distintas Unidades e Servizos nos que sexa preciso, calquera que sexa a súa ubicación xeográfica dentro da provincia, conforme ás condicións que se sinalan, de necesidade e urxencia, na lexislación vixente de aplicación a estas situacións.

Visto o disposto pola normativa de aplicación:
- Artigo 10.1 do RD 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, polo que se establece que son funcionarios interinos os que, por razóns expresamente xustificadas de necesidade e urxencia, son nomeados para o desempeño de funcións propias de funcionarios de carreira, cando se dea algunha das seguintes circunstancias:
a A existencia de prazas vacantes cando non sexa posible a súa cobertura por funcionarios de carreira.
b A substitución transitoria dos titulares.
c A execución de programas de carácter temporal.
d O exceso ou acumulación de tarefas por prazo máximo de seis meses, dentro dun período de doce meses.
- Artigo 15 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, sobre contratación de persoal laboral temporal.
- Artigo 19.Dous da Lei 6/2018, de 3 de xullo, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2018, esixe que: non se procederá á contratación de persoal temporal, nin ao nomeamento de persoal estatutario temporal ou de funcionarios interinos agás en casos excepcionais e para cubrir necesidades urxentes e inaprazables.
- Artigo 55.1 do RD 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público que sinala que todos os cidadáns teñen dereito ao acceso ao emprego público de acordo cos principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, e de acordo co previsto no presente Estatuto e no resto do ordenamento xurídico.
- Artigo 55.2 do RD 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público que preceptúa que as Administracións Públicas, entidades e organismos a que se refire o artigo 2 do presente Estatuto seleccionarán ao seu persoal funcionario e laboral mediante procedementos nos que se garantan os principios constitucionais antes expresados, así como os establecidos a continuación:
a
Publicade das convocatorias e das súas bases.

b
Transparencia.

c
Imparcialidade e profesionalidade dos membros dos órganos de selección.

d
Independencia e discrecionalidade técnica na actuación dos órganos de selección.

e
Adecuación entre o contido dos procesos selectivos e as funcións ou tarefas a desenvolver.

f
Axilidade, sen prexuízo da obxectividade, nos procesos de selección..

Anuncio publicado en: Num BOP 39 año 2019 14/02/2019 14:30:51
15/02/2019 08:00:00

Normativa de aplicación ao obxecto da convocatoria.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/02/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha15/02/2019

Nro. de páginas37

Nro. de ediciones3288

Primera edición01/03/2013

Ultima edición27/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Febrero 2019>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
2425262728