Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/07/2018

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

SÁBADO, 28 DE XULLO DE 2018

N.º 172

CONCELLOS
A FONSAGRADA
Anuncio DECRETO DE ALCALDÍA NÚM. /2018
Considerando que corresponde aos Tenentes de Alcalde, en canto tales, substituír na totalidade das súas funcións e pola orde do seu nomeamento, ao Alcalde, nos casos de ausencia, enfermidade ou impedimento que imposibilite a este para o exercicio das súas atribucións, así como desempeñar as funcións do Alcalde nos supostos de vacante na Alcaldía ata que tome posesión o novo Alcalde.
Considerando que o Sr.
Alcalde atoparase ausente do Municipio durante 7
días.
Por todo iso, en virtude do disposto nos artigos 23.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e de acordo cos artigos 44 e 47 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado por Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, RESOLVO
PRIMEIRO. Delegar en D. José Ángel Fernández Carrín, Primeiro Tenente de Alcalde, a totalidade das funcións da Alcaldía, nos termos do artigo 23.3 Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, durante o período de 5 días, dende o día 16 de xullo ao día 22 de xullo de 2018.
SEGUNDO. A delegación comprende as facultades de dirección e de xestión, así como a de resolver os procedementos administrativos oportunos mediante a adopción de actos administrativos que afecten a terceiros.
TERCEIRO. O órgano delegado ha de informar a esta Alcaldía, a posteriori, e, en todo caso, cando se lle requira para iso, da xestión realizada e das disposicións ditadas no período de referencia, e con carácter previo daquelas decisións de transcendencia, tal e como se prevé na o artigo 115 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.
CUARTO. A delegación conferida no presente Decreto requirirá para a súa eficacia a aceptación do órgano delegado, entendéndose esta outorgada tacitamente se non se formula ante esta Alcaldía expresa manifestación de non aceptación da delegación no termo de tres días hábiles contados desde o seguinte a aquel en que lle sexa notificada esta resolución.
QUINTO. A presente resolución será publicada no Boletín Oficial da Provincia, dándose conta do seu contido ao Pleno da Corporación na primeira sesión que esta celebre.
SEXTO. No non previsto expresamente nesta resolución aplicaranse directamente as previsións da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, en canto ás regras que para a delegación establécense en devanditas normas.
Mándao e asina o Sr. Alcalde, D. Argelio Fernández Queipo, en A Fonsagrada, a 10 de xullo de 2018, do que, como Secretaria accidental, dou fe.
A Fonsagrada, 11de xullo de 2018.- O alcalde, Argelio Fernández Queipo. A Secretaría, Olga Landeira Burgue.
R. 2045

LÁNCARA
Anuncio Decreto.- A Pobra de San Xiao Láncara, 16 de xullo de 2018.
Tendo previsto ausentarme do termo municipal o periodo comprendido entre os días 16 e 31 de xullo, agás os días de realización de órganos colexiados 18 e 26 de xullo e 28, de acordo co establecido nos artigos 63 da Lei

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/07/2018

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha28/07/2018

Nro. de páginas6

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones