Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/07/2018

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

VENRES, 06 DE XULLO DE 2018

N.º 154

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
CENTRO DE ARTESANIA E DESEÑO
Anuncio BASES DA CONVOCATORIA PARA A INSCRICIÓN, ADMISIÓN E SELECCIÓN DOS E DAS ARTESÁS
PARTICIPANTES NA MOSTRA DE ARTESANÍA ARTESANFROILÁN 2018, DA ÁREA DE CULTURA E TURISMO, SUBÁREA DE CULTURA, PATRIMONIO HISTÓRICO ARTÍSTICO, ARTESANÍA E DESEÑO E EDUCACIÓN.
PRIMEIRA: OBXECTO DA CONVOCATORIA
As presentes bases teñen como obxecto regular as normas e condicións de participación dos e das artesás da mostra ARTESANFROILÁN 2018 organizada pola Área de Cultura e Turismo, Subárea de Cultura , Patrimonio Histórico e Artístico, Artesanía e Deseño e Educación da Deputación de Lugo en adiante Área de Cultura da Deputación de Lugo.
SEGUNDA: PARTICIPANTES
A presente convocatoria está aberta a todas e todos os artesáns para participar na mostra Artesanfroilán 2018, para o cal todas as persoas interesadas deberán cumprir os requisitos establecidos nas presentes bases.
Para os efectos destas bases, poderán participar os e as artesáns que realicen calquera actividade recollida no Anexo IV do Decreto 218/2001, de 7 de setembro polo que se refunde a normativa vixente en materia de artesanía agás os que realicen actividades da súa división 15 Industrias de produtos alimenticios e bebidas.
A participación nesta Mostra está reservada a artesás e artesáns cuxa produción sexa exclusivamente de creación e produción propia, e cuxo material responda ao proceso de transformación e elaboración dunha determinada materia prima; entendéndose este proceso como un cambio substancial na referida materia.
TERCEIRA: LUGAR, DATA E CARACTERÍSTICAS
A mostra desenvolverase na praza Anxo Fernández Gómez de Lugo, entre os días 3 de outubro de 2018 e 14 de outubro de 2018, en horario de 11:00 h. a 14:00h. e de 17:00 a 21:00 h.
Os postos disporán de iluminación e contarán cunha saída de luz para o uso do artesán/artesá expositor CUARTA: CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN
As persoas interesadas en participar na mostra Artesanfroilán 2018 deberán presentar a solicitude coa documentación requirida no prazo e forma establecida nas presentes bases.
Poderán participar individualmente ou conxuntamente, en cuxo caso deberase indicar expresamente na solicitude, e en consecuencia deberán achegar a documentación correspondente e esixible a cada participante.
No suposto de participación conxunta e, de acordo coas indicacións na solicitude, o posto poderase compartir por un máximo de dous artesáns/artesás.
En todo caso, aqueles artesáns/artesás que decidan participar conxuntamente, deberán cumprir, respectivamente e por separado, todos e cada un dos requisitos esixidos. O incumprimento dos referidos requisitos por parte de un dos dous participantes da solicitude de participación conxunta non invalidará a admisión daquel que si os cumpra, debendo adaptarse as circunstancias derivadas desa situación, de xeito que non implique deterioro na imaxe e desenvolvemento da mostra. Nese sentido, a Área de Cultura poderá ditar as instrucións precisas para o mellor desenvolvemento e execución da feira.
A mostra estará formada por 25 postos de 3 X 2 metros, cada unha delas e con cadro eléctrico e iluminación.
Asegurar nas súas casetas as necesarias condicións de limpeza, hixiene, atención ao cliente, durante os días que dure a feira. Os traballos de acondicionamento do posto de cada expositor será o día 3 de outubro dende ás 8:00 horas, e deberán estar concluídos o mesmo día ás 17:00 horas. O desmonte e retirada dos elementos de cada caseta deberá realizarse como máximo ás 12:00 horas do 15 de outubro de 2018.
O/a expositor/a comprométese a manter aberta a caseta no horario fixado para a feira e ter polo menos unha persoa á fronte do mesmo, que representará ao/a solicitante.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/07/2018

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha06/07/2018

Nro. de páginas19

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones