Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 29/04/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

Núm. 097 luns, 29 de abril de 2019

BOP de Lugo
RIBAS DE SIL
Anuncio Ao non haberse presentado reclamacións durante o prazo de exposición ao público, queda automaticamente elevado a definitivo o Acordo plenario provisional deste Concello sobre a modificación da ORDENANZA FISCAL
REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE ACTIVIDADES ECONÓMICAS Número 2, cuxo texto íntegro se fai público en cumprimento do artigo 17.4 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo.
ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE ACTIVIDADES ECONÓMICAS Número 2
Artigo 1.- Fundamento Legal.
De conformidade co previsto nos artigos 86 e 87 Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, o coeficiente e escala de índices do Imposto sobre Actividades Económicas, aplicables a este Municipio, quedan fixados nos termos que se establecen nos artigos seguintes.
Artigo 3.No non expresamente previsto na presente Ordenanza, rexerán os preceptos contidos na Subsección 3 da Sección 3, do Capítulo II, do Título II do citado Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, concordantes e complementarios da mesma, e nas demais Leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións ditadas para o seu desenvolvemento.

Ribas de Sil, 22 de abril de 2019.- O Alcalde, Miguel Angel Sotuela Vega R. 1195

RIOTORTO
Anuncio A Xunta de Goberno Local deste Concello, aprobou as bases en sesión ordinaria celebrada o día 09 de abril de 2019 que han de rexer no outorgamento de subvencións para o ano 2019.
Obxecto: O obxecto das subvencións é a realización de actividades culturais e deportivas, segundo a definición contida no artigo 9 da Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Riotorto, publicada no B.O.P. de 8 de marzo de 2007 e realizadas dende o 01/01/2019 ata o 30/11/2019.
Requisitos que deben reunir os beneficiarios: As persoas físicas ou xurídicas que realicen actividades de carácter cultural ou deportivo, así como as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos ou actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención. Deberán ter o seu domicilio fiscal no concello de Riotorto.
Partida presupostaria: 334-480.
Prazo de presentación de solicitudes: As solicitudes de subvención deberanse presentar no Rexistro Xeral do Concello de Riotorto, no prazo de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Taménpoderá presentarse na forma establecida na Lei 39/2015 de 1
de outubro de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Modelo de solicitude: Obrante na Secretaría Municipal.
BOP de publicación da ordenanza xeral de subvención:8 de Marzo de 2007, 27 de Marzo de 2007 e 19 de Xaneiro de 2009.
Riotorto, 23 de abril de 2019.- O Alcalde, Clemente Iglesias González.
R. 1196

Anuncio publicado en: Num BOP 97 año 2019 26/04/2019 14:52:08
29/04/2019 08:00:00

Contra o presente Acordo, conforme ao artigo 19 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, poderase interpor polo interesados recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 29/04/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date29/04/2019

Page count10

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Abril 2019>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930