Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 01/04/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 075 luns, 1 de abril de 2019

BOP de Lugo
Artigo 6. Impago do prezo público As débedas por impago dos prezos públicos establecidos nesta ordenanza poderán esixirse mediante o procedemento administrativo de apremio, conforme á normativa vixente.
Disposición final única A entrada en vigor da presente Ordenanza producirase dende o mesmo día da publicación do texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia.
R. 0902

Anuncio Ó non presentarse reclamacións durante o prazo de exposición ó publico, queda automáticamente elevado a definitivo o acordo plenario provisional do Concello de Ribeira de Piquín Lugo relativo á aprobación do Regulamento de funcionamento do centro de día para persoas maiores do Concello de Ribeira de Piquín, cuxo texto íntegro faise público en cumplimento do disposto no artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local.
Contra o presente acordo, interporase recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, a contar desde o día seguinte á publicación do presente anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, da Xurisdición Contencioso-Administrativa.
Ribeira de Piquín, a 26 de marzo de 2019. O Alcalde-presidente, D. Roberto Fernández Rico.
REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO CENTRO DE DÍA PARA PERSOAS MAIORES DO CONCELLO DE
RIBEIRA DE PIQUÍN

Esta ordenanza ten por obxecto regular o funcionamento do Centro de Día para persoas maiores do Concello de Ribeira de Piquín, e establecer os requisitos e procedemento necesarios para acceder aos seus servizos.
O aumento da esperanza de vida no colectivo de persoas maiores experimentada nos últimos anos fai necesaria a creación de centros nos que se atenda de forma específica as súas necesidades.
Non en vano, xa a Carta de Dereitos Fundamentais da Unión Europea sinala no seu artigo 25, adicado aos dereitos das persoas maiores, que a Unión recoñece e respeta o dereito das persoas maiores a levar unha vida digna e independente e a participar na vida social e cultural.
Asimesmo, a Constitución Española, no seu artigo 50, sinala que os poderes públicos promoverán o benestar dos cidadáns durante a terceira idade mediante un sistema de servizos sociais que atenderá os seus problemas específicos de saúde, vivenda, cultura e ocio.
Neste sentido, o Concello de Ribeira de Piquín faise eco da realidade existente e da presencia neste municipio dun crecente número de persoas maiores e/ou dependentes con necesidades de integración social e participación activa na vida comunitaria, dándolle resposta as mesmas coa creación do Centro de Día de Ribeira de Piquín, consituíndo un centro de servizos sociais de proximidade, de carácter socio-rehabilitador e de estancia diúrna para maiores con perda da súa autonomía física ou psíquica, sempre e cando non se trate de persoas maiores que requiran coidados que non formen parte das pretacións dun centro de día.
En base ó exposto, este concello, no uso da potestade que lle atribúe o artigo 4.1 a da Lei Reguladora das Bases de Réxime Local, procedeu a elaborar o presente Regulamento de Funcionamento do Centro de Día para persoas maiores de Ribeira de Piquín.
CAPÍTULO I: DISPOSICIÓNS XERAIS
Artigo 1. Obxecto e Fundamento Legal Esta ordenanza ten como obxecto regular o funcionamento do Centro de Día para persoas maiores de Ribeira de Piquín, e establecer os requisitos e procedemento necesarios para acceder aos seus servizos.
A fundamentación legal vén determinada polo disposto na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local; a Lei 13/2008, do 3 de decembro, de Servizos Sociais de Galicia; a Lei 39/2006, do 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en Situación de Dependencia, o Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia.
Artigo 2. Definicións Para os efectos do disposto neste regulamento considéranse Centros de Día os equipamentos destinados á atención diurna de persoas maiores con perda da súa autonomía física ou psíquica que, residindo nos seus
Anuncio publicado en: Num BOP 75 año 2019 29/03/2019 12:07:14
01/04/2019 08:00:00

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 01/04/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date01/04/2019

Page count26

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Abril 2019>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930