Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/03/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 068 sábado, 23 de marzo de 2019

BOP de Lugo
2. Servizo de Comedor A escola infantil conta con servizo de comedor. Os menús que ofrece á Escola Infantil garantiran os criterios nutritivos e dixestivos establecidos. Están elaborados e supervisados por unha nutricionista.
As familias deberán informar ao persoal do Centro dos tipos de alerxia ou intolerancia e dos síntomas e reaccións que padece. En ningún caso se dará a un neno ou nena alérxico un alimento sen o consentimento dos pais/nais.
Terase sempre en un lugar de fácil acceso o protocolo e os teléfonos de contacto para casos de urxencia.
As familias tamén informarán verbalmente ao persoal da escola sobre as cantidades, horario de tomas, costumes, etc En bebés, a introdución paulatina de alimentos realizarase seguindo as instrucións do/a pediatra. Os alimentos novos, primeiro daranse na casa e despois na escola por posibles alerxias.
Na entrevista inicial que se leva a cabo con cada unha das familias antes de que o neno/a entre na escola, hai un apartado completo referido á alimentación.
Respectaranse os menús elaborados por estar adaptados as idades dos nenos e nenas, cubríndose así as súas necesidades nutricionais. Expoñerase o menú no taboleiro de anuncios semanalmente e facilitarase unha copia mensual do mesmo a tódalas familias que o demanden.
3. Horario Amplo
Horario amplo: enténdese por horario amplo a atención aos nenos e nenas por parte do centro cando menos durante 10 horas diarias ininterrompidas. Non obstante, evitarase que o neno e a nena non prolongue a súa estadía no centro máis de 8 horas diarias, agás que circunstancias excepcionais, que deberán en todo caso xustificarse, o determinen.
Artigo 4. Idades de Admisión e Permanencia Poderán facer uso dos servizos da Escola Infantil os pais, nais e titores/as ou representantes legais dos nenos e nenas que cumpran os seguintes requisitos de idade:
Idade mínima: Ter cumprido 3 meses de idade na data de ingreso, salvo situacións especiais previo informe dos servizos sociais.
Idade máxima: non ter cumpridos os 3 anos de idade o 31 de decembro do ano no que se solicita a praza.
Os nenos e nenas poderán ser usuarios e usuarias do servizo ata o momento no que corresponda iniciar a educación infantil do 2º ciclo.
Poderán integrarse nenos e nenas con discapacidades físicas, psíquicas ou sensoriais de acordo coa lexislación vixente e nas condicións que na mesma se especifiquen.
Artigo 5. Procedemento de Admisión e Baixas 5.1. Admisións As novas solicitudes de admisión atenderanse do 16 ó 30 de abril.
Ademais da solicitude, os interesados deberán obrigatoriamente achegar a seguinte documentación:
a Fotocopia compulsada do D.N.I. ou N.I.E. se é co caso, do pai, nai, titor/a ou representante legal.
b Fotocopia compulsada do libro de familia.
c Xustificación de ingresos:
Derradeira nómina, factura de venda de leite e/ou gando, certificación das pensións ou da percepción económica con cargo ó INEM ou certificado de non prestación, se é o caso, certificación de empresa, xustificación doutros ingresos expedida polo organismo correspondente certificado de interese e retencións bancarias, certificado do departamento de rendas do Concello en relación cos membros da unidade familiar, recibo de contribución rústica e urbana. Pódese requirir ó solicitante os documentos que se consideren precisos para a resolución do expediente.
Copia da declaración do IRPF completa de cada membro da unidade familiar computable para os efectos económicos. No caso de non ter obriga de presentar declaración:
Os solicitantes de devolución rápida MOD.104 achegarán copia da comunicación que lles envía a Axencia Estatal de Administración Tributaria en aplicación do artigo 81 da Lei 40/1998, do 9 de decembro, do imposto sobre a Renda das Persoas Físicas.

Anuncio publicado en: Num BOP 68 año 2019 22/03/2019 13:31:00
23/03/2019 08:00:00

O horario máximo de permanencia dos nenos e nenas no Centro será, con carácter xeral de 8 horas diarias, excepto causas excepcionais e convenientemente xustificadas, a valorar pola comisión da escola infantil, previo informe dos servizos sociais do Concello de Becerreá.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/03/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date23/03/2019

Page count22

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Marzo 2019>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31