Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/03/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 064 luns, 18 de marzo de 2019

BOP de Lugo
10. Réxime Xurídico de dominio público e servidumes na lexislación de costas: especial referencia a construcións. Supostos máis frecuentes de infraccións en solo rústico: a intervención da APLU no control da legalidade urbanística en solo rústico.
NÚMERO DE PRAZAS: 40
NÚMERO DE HORAS: 24 horas lectivas PUNTUACIÓN: 0,24
HORARIO: Das 9:30 h ás 14:30 h e das 16:00 h ás 19:00 h LUGAR IMPARTICIÓN: Deputación de Lugo. Rúa San Marcos, 8. Lugo Lugo, 11 de marzo de 2019. O Presidente. Darío Campos Conde. A Secretaria: P.S. O Secretario Xeral Adxunto.
José Antonio Mourelle Cillero.
R. 0748

CONCELLOS
BARALLA
Anuncio
O acordo da súa aprobación expúxose ao público no BOP número 32 de data 7 de febreiro de 2019, sen que se presentara ningunha reclamación durante o prazo de exposición, polo que a devandita Ordenanza considérase definitivamente aprobada de conformidade co disposto no artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e publicarase no Boletín Oficial da Provincial o seu texto íntegro.
ORDENANZA REGULORA DAS AXUDAS PARA O FOMENTO DA NATALIDADE NO CONCELLO DE BARALLA
Art. 1.- Fundamento.-. A presente ordenanza ten o seu fundamento nas competencias que o art. 2 e o art. 23.1
da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, outorga a este Concello.
O artigo 25 da Lei 7/85, de 2 de abril, establece que os Concellos para a xestión dos seus intereses e no ámbito das súas competencias, poden promover toda clase de actividades que contribúan a satisfacer as necesidades e aspiracións da comunidade veciñal.
O Concello considera de interese público o apoio ás familias, circunscribíndose, dentro do mesmo o fomento da natalidade ou adopción.
Este é o fundamento e o fin da presente ordenanza que pretende incentivar os novos nacementos de fillos de familias que residan no termo municipal, e paliar o desembolso económico que supón a incorporación, por nacemento ou adopción, de un novo membro á unidade familiar.
Art. 2.- Obxeto.- O obxeto desta Ordenanza é a regulación das condicións e réxime xurídico do outorgamento de axudas para o fomento da natalidade e da adopción neste Concello, coa finalidade de axudar a fixar poboación dentro do termo municipal.
Art. 3.- Natureza da axuda.- As axudas que se outorguen conforme á presente ordenanza teñen a natureza de subvención directa conforme ao establecido no artigo 22.2.c da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións e na Lei 9/2007, de 13 de xuño de subvencións de Galicia.
Art. 4.- Beneficiarios.- Serán beneficiarios das subvencións rexidas pola presenta ordenanza:
a Os proxenitores, xa sexan casados, parellas de feito ou familias mono parentais, que teñan fillos.
b Os adoptantes de nenos menores de 5 anos.
Nos supostos de nulidade, separación ou divorcio dos proxenitores, será beneficiario o proxenitor que teña a custodia do fillo/a.
Art. 5.- Requisitos para a concesión da subvención.-- Dará lugar ao recoñecemento da subvención, cada nacemento que teña lugar ou cada adopción que se formalice por los beneficiarios sinalados no artigo anterior a partir de 1 de xaneiro de 2019.
Para elo será requisito imprescindible, que residan no Concello con carácter efectivo e acreditados neste Concello alomenos dous anos de antiguedade un dos proxenitores, ou adoptantes, no caso de casados ou parellas de feito, ou no seu caso de familias monoparentais. Será documento acreditativo o certificado de empadroamento e inscripción no padrón de habitantes, así como o libro de familia.

Anuncio publicado en: Num BOP 64 año 2019 15/03/2019 11:45:04
18/03/2019 08:00:00

En sesión plenaria celebrada o 25 de xaneiro de 2019, o Concello aprobou inicialmente a Ordenanza reguladora das axudas para o fomento da natalidade no Concello de Baralla.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/03/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date18/03/2019

Page count24

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Marzo 2019>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31