Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/03/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

5

Núm. 60 mércores, 13 de marzo de 2019

BOP de Lugo
1 día natural nos supostos de matrimonio de fillo, pai ou nai.
Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inexcusable de carácter público e persoal, comprendido o exercicio do sufragio activo. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, se estará ao que esta dispoña en canto á duración da ausencia e a súa compensación económica.
Para a realización de funcións sindicais ou de representación do persoal, nos termos establecidos legal ou convencionalmente.
Polo tempo indispensable, para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación do parto e, nos casos de adopción, garda con fins de adopción ou acollemento, para a asistencia ás preceptivas sesión de información e preparación e para a realización dos preceptivos informes psicolóxicos e sociais previos á declaración de idoneidade, sempre, en todos os casos, que deban ter lugar dentro da xornada de traballo.
No caso de nacemento de fillos prematuros ou que, por calquera causa, deban permanecer hospitalizados a continuación do parto, a nai ou o pai terán dereito a ausentarse do traballo durante unha hora.
Polo tempo indispensable para a renovación do DNI e a recuperación do carné de conducir, con asistencia aos cursos necesarios, sempre que a perda do carné estivera motivada por causa estrictamente imputable á empresa.
Considéranse non laborables os días 24 e 31 de decembro.
CAPÍTULO IV.- RETRIBUCIÓNS

Os salarios para as distintas categorías para o período que vai dende o 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2018
serán os recollidos na táboa salarial que se adxunta como Anexo II, que supón un incremento dun 1,75% sobre a táboa salarial do período 2014-2017.
Os salarios para as distintas categorías para lo período que vai dende o 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2019 serán os recollidos na táboa salarial que se adxunta como Anexo III, que supón un incremento dun 2%
sobre a táboa salarial do ano 2018.
Os incrementos salariais para as seguintes anualidades do Convenio serán os seguintes:
2020: 2,25%
2021: 2,5%
Estabrécese, para o período que vai dende o 1 de xaneiro de 2018 ata o 31 de decembro de 2019, unha cláusula de revisión de feito que, se a suma do IPC real estatal dos anos 2018 e 2019 resulta superior á suma do incremento destas dous anualidades, faráse unha revisión no exceso, que non terá efectos retroactivos, servindo como base para a aplicación do incremento do ano 2020.
Estabrécese, para o período que vai dende o 1 de xaneiro de 2020 ata o 31 de decembro de 2021, unha cláusula de revisión de feito que, se a suma do IPC real estatal dos anos 2020 e 2021 resulta superior á suma do incremento destas dous anualidades, faráse unha revisión no exceso, que non terá efectos retroactivos, servindo como base para a aplicación do incremento do ano 2022.
Con independencia e sen perxuizo dos incrementos salariais pactados no presente artigo, se establece, nos termos a continuación detallados, unha Prima de Convenio, a cobrar por unha soa vez:
a A Prima de Convenio se aboará por unha soa vez, non sendo consolidable, nin xerará dereitos adquiridos ou condición mais beneficiosa.
b O importe da Prima de Convenio será o seguinte:
200€ para aqueles traballadores que tiveran 3 anos de antigidade na empresa a data 01/01/2018.
150€ para aqueles traballadores que tiveran 2 anos de antigidade na empresa a data 01/01/2018.
75 € para aqueles traballadores que tiveran 1 ano de antigidade na empresa a data 01/01/2018.
c A Prima de Convenio farase efectiva no prazo máximo de catro meses a contar dende a publicación do presente Convenio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, facéndose constar na nómina correspondente como Prima Convenio.
ARTIGO 11º.- PAGAS EXTRAORDINARIAS: Establécese unha en xullo de 30 días, a pagar antes do 30 de Xuño, denominada paga de verán e outra en decembro de 30 días a aboar antes do 20 do citado mes, denominada paga de Nadal. A cuantía das pagas mencionadas será de 30 días de salario base ou unha mensualidade de salario base segundo o salario sexa día ou mes máis a antigidade.

Anuncio publicado en: Num BOP 60 año 2019 12/03/2019 10:15:34
13/03/2019 08:00:00

ARTIGO 10º.- SALARIOS: Páctase, para o período que vai dende o 1 de xaneiro de 2014 ata o 31 de decembro de 2017, un incremento sobre os salarios vixentes no ano 2013 do 1,75%, incremento que non terá efectos retroactivos servindo únicamente de base para a aplicación do incremento do ano 2018. A efectos de coñecer o resultado de dito incremento e, por tanto, os salarios sobre os que se aplica o incremento do ano 2018, se adxunta ao presente Convenio, como Anexo I, a táboa salarial correspondente ao período 2014-2017.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/03/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date13/03/2019

Page count23

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Marzo 2019>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31