Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/03/2019

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

18

Núm. 056 venres, 8 de marzo de 2019

BOP de Lugo
4. Nos casos de variación ou ampliación da actividade a desenvolver no establecemento suxeito, ou de cambio de titular, a cota tributaria será o 50% da establecida no punto 1 deste artigo.
5. No caso de desestimento formulado polo solicitante con anterioridade á concesión da licenza, as cotas a liquidar serán o cincuenta por cento das sinaladas no número anterior, sempre que a actividade municipal se iniciara efectivamente.
Artigo 6º.- Exencións e bonificacións.
Non están suxeitos á taxa que regula esta ordenanza os autónomos e empresas que soliciten licenza de apertura ou verificación da comunicación previa para a implantación dunha nova actividade económica ou empresarial, así como aqueles outros que consistan nunha ampliación das instalacións sempre e cando impliquen creación de emprego cando o seu código CNAE corresponda a algunha actividade económica das incluídas no eido da industria 4.0 ou da Ris3.
Artigo 7º.- Devengo.
1. Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír, cando se inicie a actividade municipal que constitúe o feito impoñible. A estes efectos, entenderase iniciada dita actividade na data de presentación da oportuna solicitude da licenza de apertura, se o suxeito pasivo a formulase expresamente.
2. Cando a apertura xa tivo lugar sen obterse a oportuna licenza, a taxa devengarase cando se inicie efectivamente a actividade municipal conducente a determinar se o establecemento reúne ou non as condicións esixibles, con independencia da iniciación do expediente administrativo que poida instruírse para autoriza-la apertura do establecemento ou decretar o peche, se non fora autorizable dita apertura.
3. A obriga de contribuír, unha vez nacida, non se verá afectada de ningún modo pola denegación da licenza solicitada, pola concesión desta condicionada á modificación das condicións do establecemento, nin pola renuncia ou desestimento do solicitante unha vez concedida a licenza.

1. As persoas interesadas na obtención dunha licenza de apertura de establecemento industrial ou mercantil, presentarán previamente no Rexistro Xeral a oportuna solicitude con especificación da actividade ou actividades a desenvolver no local. No seu caso xuntarán copia da alta no I.A.E..
2. Se despois de formula-la solicitude da licenza de apertura se variase ou ampliase a actividade a desenvolver no establecemento estas modificacións poñeranse en coñecemento da Administración Municipal co mesmo detalle e alcance que se esixe na declaración prevista no número anterior.
Artigo 9º.- Liquidación e ingreso.
1. Finalizada a actividade municipal e unha vez ditada a Resolución municipal que proceda sobre a licenza de apertura, practicarase a liquidación correspondente pola taxa, que se notificará ó suxeito pasivo para o seu ingreso directo nas arcas municipais, utilizando os medios de pagamento e os prazos que sinala o Regulamento Xeral de Recadación.
2. Se o solicitante non entregou copia da alta no I.A.E. estando obrigado a facelo, practicarase liquidación provisional pola cota que corresponda os epígrafes declarados.
3. Unha vez presentada a alta, practicarase liquidación definitiva, procedéndose á devolución ou ingreso da diferenza entre esta e a provisional segundo proceda.
Artigo 10º.- Infraccións e sancións.
No relativo a cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que a elas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.
Disposición final:
A redacción definitiva da presente Ordenanza Fiscal foi aprobada polo Pleno da Corporación na sesión celebrada o vinte e sete de marzo de dous mil dezaoito, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.
A Pobra do Brollón, 27 de febreiro de 2019.- O alcalde, José Luis Maceda Vilariño.
R. 0632

RÁBADE
Anuncio Padrón Tributario da taxa pola prestación do servizo de augas, sumidoiro canon da auga e recollida de lixo do 1º bimestre do exercicio 2019.

Anuncio publicado en: Num BOP 56 año 2019 08/03/2019
07/03/2019 08:00:00
14:10:15

Artigo 8º.-Declaración.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/03/2019

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date08/03/2019

Page count20

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Marzo 2019>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31