Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 12/09/2018

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MÉRCORES, 12 DE SETEMBRO DE 2018

N.º 210

CONCELLOS
BALEIRA
Anuncio RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA.Tendo que ausentarme do Termo Municipal de Baleira dende as 13:15 horas do 30 de agosto do 2018 ó 10 de setembro do 2018, de conformidade co regulado nos artigos 23.3 da Lei 7/1985, do 02 de abril Reguladora das bases de réxime local, artigo 63 da Lei 5/1997 de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia e artigo 47 do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais.
RESOLVO:
Delegar a totalidade das funcións desta Alcaldía, ós efectos de que me sustitúa durante o devandito período dende as 13:15 horas do día 30 de agosto do 2018 ó día 10 de setembro do 2018, no Primeiro Teniente de Alcalde D. Alberto Núñez Fernández. Publicar a presente Resolución no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e no Taboleiro de Edictos do Concello. Dar conta da presente Resolución á Corporación Municipal en Pleno.
Baleira, 30 agosto do 2018.- O Alcalde, Angel Enrique Martínez-Puga López. Mándao o Alcalde, A SecretariaInterventora R. 2545

CASTROVERDE
Anuncio Ao non terse presentado reclamacións durante o prazo de exposición ao público, queda automaticamente elevado a definitivo o acordo plenario provisional deste Concello sobre a modificación da ordenanza fiscal reguladora do prezo público polo servizo das escolas deportivas municipais, cuxo texto íntegro faise público en cumprimento do artigo 17.4 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo.
ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLO SERVIZO DAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS.
Artigo 1.- Concepto.
De conformidade con canto se establece no artigo 127, en relación co 41 ámbolos dous do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece o prezo público pola prestación do servizo de Escolas Deportivas Municipais.
Artigo 2.- Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible deste ingreso a prestación do servizo de ensinanza das Escolas Deportivas que organice o Concello de Castroverde, por sí mesmo ou a través dun terceiro.
Artigo 3.- Obriga de pagamento.
1.- Están obrigados ó pagamento aqueles que se beneficien do servizo prestado a que se refire o artigo anterior e que resulten matriculados como alumnos nas escolas deportivas municipais.
2.- A obriga de pagamento nace no momento de formalizar a correspondente matrícula, sen que poda iniciarse a asistencia as actividades, en tanto non se satisfaga o prezo público que orixine a mesma.
Artigo 4.- Normas de xestión.
1.-O importe do prezo público por cada curso, dependerá do número de actividades ou modalidades nas que o alumno se inscriba.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 12/09/2018

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date12/09/2018

Page count6

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Septiembre 2018>>>
DLMMJVS
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30