Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 11/08/2018

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

SÁBADO, 11 DE AGOSTO DE 2018

N.º 184

CONCELLOS
BARALLA
Anuncio Aprobado polo Pleno desta Corporación, en sesión de 27 de xullo de 2018 o expediente de modificación de créditos número 6/2018, dentro do vixente presuposto municipal, por importe de 45.000 euros, así como a modificación do Anexo de investimentos do Orzamento Municipal 2018, e dando cumprimento ao establecido nos artigos 169 e 177 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, Real Decreto Lexislativo 2/2004, exponse ao público, polo prazo de quince días hábiles, na Secretaría deste Concello, a fin de que durante o mesmo, que empezará a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, poidan formularse as reclamacións que se consideren pertinentes, as cales deberán ser dirixidas ao Sr. Alcalde Presidente deste Concello.
Baralla, 30 de xullo de 2018.- O ALCALDE, Manuel Jesús González Capón.
R.2172

Anuncio Aprobado polo Pleno desta Corporación, en sesión de 27 de xullo de 2018 o expediente de modificación de créditos número 7/2018, dentro do vixente presuposto municipal, por importe de 35.251 euros, así como a modificación do Anexo de investimentos do Orzamento Municipal 2018, e dando cumprimento ao establecido nos artigos 169 e 177 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, Real Decreto Lexislativo 2/2004, exponse ao público, polo prazo de quince días hábiles, na Secretaría deste Concello, a fin de que durante o mesmo, que empezará a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, poidan formularse as reclamacións que se consideren pertinentes, as cales deberán ser dirixidas ao Sr. Alcalde Presidente deste Concello.
Baralla, 30 de xullo de 2018.- O ALCALDE, Manuel Jesús González Capón.
R. 2173

LUGO
Anuncio A Ilma. Sra. Tenenta de Alcalde Delegada da Área de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, en virtude de delegación da Xunta de Goberno Local segundo o seu acordo número 4/455, do 7 de xullo de 2015, dictou o Decreto número 18006260, polo que se aproba o padrón de contribuíntes obrigados ó pagamento do Imposto sobre vehículos de tracción mecánica para o ano 2018, e o Decreto número 18006296, polo que se aproba o padrón de Taxas por aproveitamentos especiais da vía pública con entradas de vehículos do exercicio 2018.
Conforme ó disposto no art. 102.3 da Lei Xeral Tributaria e no art. 63 da Ordenanza Fiscal Xeral, os padróns aprobados quedan expostos ó público no Servizo de Facenda Local, sito no Centro de Servicios Municipais da Ronda da Muralla, 197, 2º andar, en horario de 9:00 a 14:00, durante o prazo de 15 días, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Durante o dito prazo, as persoas interesadas poderán examinalos e formular as alegacións ou reclamacións que estimen pertinentes.
No caso da non recepción ou extravío dos recibos, expediranse duplicados nas oficinas de Facenda Local do Centro de Servizos Municipais, sito na Ronda da Muralla, 197, 2º andar, de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas, mediante atención personalizada, debendo os interesados acreditar tal condición, para os efectos de facilitarlles o acceso á información tributaria correspondente, por tratarse de datos protexidos de conformidade co disposto na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 11/08/2018

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date11/08/2018

Page count9

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions