Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 21/08/2021

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 192 sábado, 21 de agosto de 2021

BOP Lugo
b No caso de utilización doutros servizos, realizarase o pagamento deste servizo xunto coa cota do mes seguinte.
c Salvo o disposto no artigo 5 da presente regulación, a falta de asistencia da nena/o non supón a redución nin exención da cota mentres non se formalice a baixa correspondente.
d O pago realizarase por domiciliación bancaria que autorizará o solicitante do servizo ao formalizar a matrícula.
A falta de pagamento de dúas mensualidades consecutivas ou tres alternativas orixinará a perda do dereito á praza.
Artigo 6.- Suspensión da cota Os suxeitos obrigados ós que fai referencia o artigo 3º non terán a obriga de aboar a cota durante os seguintes períodos:
a. O mes de vacacións anual da nena/o.
b. Cando, por calquera motivo distinto ó período de vacacións anuais, o centro permaneza pechado un período superior a quince días.
c. Cando, por causa debidamente xustificada, a nena/o deixe de asistir temporalmente ó centro. Neste caso, o suxeito obrigado estará exento de aboar a cota mensual desde o primeiro día do segundo mes natural seguinte ó da data de ausencia do centro. A suspensión da cota durará ata o día primeiro do mes natural en que teña lugar a reincorporación da nena/o a centro. Non obstante, se a reincorporación se produce con posterioridade ó día 15 do mes, a cota correspondente ó dito mes reducirase nun 50 por cento.
A solicitude de suspensión de cota, xunto coa acreditación documental da circunstancia que a motiva, deberá presentarse ante o Concello que resolverá sobre a procedencia da suspensión.
No caso de suspensión temporal da cota, o pagamento correspondente ó mes de reincorporación realizarase no prazo de dez días seguintes ó da data de reincorporación. Así mesmo, naqueles supostos nos que se acorde a non procedencia da suspensión solicitada, o suxeito obrigado deberá ingresar as cotas atrasadas no prazo de dez días seguintes ó da notificación da resolución denegatoria.

1.-Causarase baixa no centro por algunha das circunstancias seguintes:
a Por cumprimento da idade máxima regulamentaria de permanencia no centro.
b A instancia dos pais/nais ou representantes legais.
c Por non pagar a cota establecida durante dous meses consecutivos ou tres alternos, calquera que sexa o ano ó que se refire a débeda.
Disposición final A presente Ordenanza, composta de 7 artigos e unha Disposición final, entrará en vigor unha vez publicado no Boletín Oficial da provincia o texto íntegro aprobado definitivamente, de conformidade co disposto nos artigos 47 do Real decreto Lexislativo 2/2004 59.6 e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e comezará a aplicarse a partir do día seguinte o da súa publicación no B.O.P., permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.
ANEXO IPREZOS
PREZO DA ATENCIÓN EDUCATIVA
Prezo pola atención educativa mensual en réxime de xornada completa Prezo ampliación de estancia de cada hora adicional do horario adxudicado Renda inferior ao 50% do IPREM

IMPORTE EN €
169,26 €
21,16 €
0 €

Renda comprendida entre o 50% e inferiores ao 75 % do IPREM

34,91 €

Renda comprendida entre o 75% e inferiores ao 100% do IPREM

69,81 €

Renda comprendida entre o 100% e inferiores ao 125% do IPREM

112,13 €

Renda comprendida entre o 125% e inferiores ao 150% do IPREM

133,29 €

Renda comprendida entre o 150% e inferiores ao 200% do IPREM

147,05 €

Renda superior ao 200% do IPREM

169,26 €

Anuncio publicado en: Num BOP 192 año 2021 21/08/2021
20/08/2021 08:00:00
11:15:50

Artigo 7.-Normas de xestión.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 21/08/2021

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data21/08/2021

Conteggio pagine30

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni