Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 21/08/2021

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

30

Núm. 192 sábado, 21 de agosto de 2021

BOP Lugo
VIVEIRO
Anuncio Visto o convenio de cooperación da xunta cos concellos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixiantes municipais e auxiliares de policía local, asinado con este Concello.
Visto o Diario Oficial de Galicia N.º 137 de data 10 de xullo de 2020, no que se publica a convocatoria o proceso selectivo unitario para o acceso polas quendas de mobilidade e promoción interna, nos corpos de policía local, escala básica, categoría de oficial, na cal hai unha praza delegada polo Concello de Viveiro.
Vista a comunicación da Academia Galega de Seguridade Pública, con número de rexistro neste Concello 2021-ERC-3939, na que se nos indica que a persoa que habendo superado o referido proceso selectivo convocado é, D.
Senén Pico Campos, informando, aos efectos do seu nomeamento como persoal funcionario en prácticas no Corpo de Policía Local na categoría de Oficial.
Visto a resolución de 11 de xuño de 2021, publicada no DOG. N.º 117 de data 22 de xuño de 2021, no que se convoca un curso selectivo de acceso á escala básica, categoría de oficial dos corpos da Policía local que dará comezo o día 20 de setembro de 2021 e rematará o 05 de novembro de 2021.
Tendo en conta o Real Decreto 456/1986, de 10 de febreiro, polas que se fixan as retribucións dos funcionarios en prácticas.
De conformidade co artigo 21.1.h da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e o artigo 24 do Real Decreto 364/1995, do 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Ingreso do Persoal ao Servizo da Administración Xeral do Estado e de Provisión de Postos de Traballo e Promoción Profesional dos Funcionarios Civís da Administración Xeral do Estado,
PRIMEIRO.- Nomear funcionario en prácticas no corpo de policía local, escala básica, categoría de oficial, a D.
Senén Pico Campos, segundo a comunicación da Escola Galega de Seguridade, e con efectos do 01 de agosto de 2021.
SEGUNDO.- En virtude do disposto no artigo 2 do Real Decreto 456/1986, de 10 de febreiro, polas que se fixan as retribucións dos funcionarios en prácticas, para os efectos do establecemento das retribucións a percibir polo funcionario nomeado en prácticas comunicarlle a súa obriga de optar ao comenzo de dito período por unha das opcións que lle outorga dito artigo.
TERCEIRO.- Publicar no Boletín Oficial da provincia de LugoBOP, dita resolución, segundo o establecido na orde de 08 de xullo de 2020 DOG n.º 137 de 10 xullo 2020.
CUARTO.- Notificar a presente Resolución ao interesado, a Academia Galega de Seguridade Pública, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, e dar traslado ao departamento de persoal para o seu coñecemento, ao departamento de nóminas, ao departamento de intervención.
Mándoo e asínoo en Viveiro, 30 de xullo de 2021.- A Alcaldesa, María Loureiro García.ós efectos do artigo 3.2 do Real Decreto 128/2018, María Luz Balsa Rábade.

Ante mín, A Secretaria, R. 2466

FÉ DE ERRATA:
No Boletín Oficial da Provicia de Lugo, n.º 191advírtese erro na data dos encabezados das páxinas.
Onde dí 18 de agosto de 2021, debe dicir 20 de agosto de 2021.

Powered by TCPDF www.tcpdf.org
Anuncio publicado en: Num BOP 192 año 2021 21/08/2021
20/08/2021 08:00:00
11:15:50

RESOLVO

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 21/08/2021

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data21/08/2021

Conteggio pagine30

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni