Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/09/2020

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 201 mércores, 2 de setembro de 2020

BOP Lugo
4.4.- Unha vez rematado o prazo ao que se refire a liña 4.2, a secretaría da Deputación de Ourense expedirá unha certificación das propostas presentadas que, xunto con elas e coa documentación correspondente, pasarán ao xurado do premio, para que todos os membros as coñezan con antelación suficiente á reunión de deliberación.
4.5.- A cada solicitude ou proposta xuntaránselle cantos documentos sexan considerados de interese para o mellor coñecemento do/da candidato/candidata.
5.- Xurado e actuación 5.1.- Para adxudicar o premio ao que se refire esta convocatoria, constituirase un xurado, integrado do xeito seguinte:
Presidente: o da Xunta de Galicia ou persoa en quen delegue.
Vicepresidente: o presidente da Deputación convocante do premio que, neste ano, lle corresponde á Deputación de Ourense, ou persoa en quen delegue.
Vogais:

Os presidentes das tres deputacións restantes ou persoas nas que deleguen.

O presidente da Comisión de Cultura, Deportes e Mocidade da Deputación convocante.

O conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, ou persoa en quen delegue.

Un representante de cada un dos seguintes organismos:
a Universidade de Santiago de Compostela b Universidade de Vigo c Universidade da Coruña d Real Academia Galega e Instituto Padre Sarmiento de estudos galegos f Fundación Otero Pedrayo Cinco 5 persoas de recoñecida autoridade científica e literaria, designadas pola Xunta de Galicia e de cada unha das deputacións.

-

Secretario, con voz e sen voto, o da Deputación de Ourense, ou persoa en quen delegue.

5.2.- O xurado constituído emitirá o seu ditame no mes seguinte ao día que remate o prazo de presentación de candidatos e a súa actuación suxeitarase ao determinado nos artigos 4.2 a 4.6 do regulamento do premio.
5.3.- Da actuación do xurado e da adxudicación do premio será redactada a acta detallada que, unha vez asinada polos seus membros e coa totalidade das documentacións presentadas, pasará a coñecemento do Pleno da Deputación convocante, na primeira sesión que teña lugar.
5.4.- A copia da acta e dos demais antecedentes, que cumpran, para o coñecemento da tramitación do premio, remitiráselles ás Deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra.
6.- Entrega do premio A entrega do premio realizarase no lugar e na data que determine o presidente da Deputación de Ourense, nun acto solemne e coa asistencia dos membros da Corporación Provincial e do xurado, así como de personalidades das artes, letras e ciencias da Comunidade Autónoma.
Xunto co premio, a persoa galardoada recibirá unha copia da acta da reunión do xurado.
7.- Normas supletorias No que non estea previsto expresamente nestas bases, o xurado e a Deputación convocante terán en conta as normas contidas no regulamento do premio e nos xerais do funcionamento da Corporación Provincial, así como na lexislación vixente.
Contra este acordo pódese interpor, potestativamente, un recurso de reposición ante a Xunta de Goberno desta Deputación, no prazo de 1 mes, como trámite previo ao contencioso-administrativo, ou ben directamente un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado Provincial do Contencioso-Administrativo, no prazo de 2 meses, sen que se poidan compaxinar ambos os recursos. Os prazos indicados computaranse a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP.
En todo caso, poderá interpoñer calquera outro recurso que estime procedente.
Lugo, 28 de agosto de 2020.- O PRESIDENTE, P.D. Decreto de data 26-07-2019, O DEPUTADO DELEGADO DE
PROMOCIÓN ECONÓMICA E SOCIAL, Pablo Rivera Capón. A SECRETARIA XERAL. P.S. O SECRETARIO XERAL
ADXUNTO, José Antonio Mourelle Cillero.
R. 1977

Anuncio publicado en: Num BOP 201 año 2020 02/09/2020
01/09/2020 08:00:00
12:29:38

Procurarase a paridade de xéneros nos membros do xurado.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/09/2020

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data02/09/2020

Conteggio pagine7

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni