Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/08/2020

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

XOVES, 27 DE AGOSTO DE 2020

N.º 196

XUNTA DE GALICIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA.
DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio Resolución do 18 de agosto de 2020 da Xefatura Territorial de Lugo pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Burela. expediente IN407A 2020-11AT
Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:
- Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas S.A.

- Denominación: REFORMA Y AUTOMATIZACIÓN DEL CT EDF. ESPAÑA 11.364
- Situación: concello de Burela - Características técnicas:

Reforma do CD 11.364 Edf. España, para unha potencia máxima admisible de 1.260kVA e unha potencia instalada de 1.030kVA, consistente en:
OBRA CIVIL

Instalar porta de acceso, realización de canles de cables, deposito de recollida de aceite, instalación de mamparas de protección e pintado de paredes, teito e chan.
OBRA ELECTRICA

Instalación de seis novas celas de SF6 telemandadas, dúas de liña, dúas de interruptor e dúas de protección.
Instalación de dous novos cadros de baixa tensión.
Instalación de novas pontes de MT e BT.
Modificación do circuíto de alumeado, emerxencia e terras.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, BOE núm. 310 do sector eléctrico e no título VII, capítulo II do Real Decreto 1955/2000, do 1 de decembro BOE nº 310, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, no Real Decreto 337/2014, de 9 de maio, polo que se aproba o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias e na Resolución de 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción D.O.G. núm. 54 de 19
de marzo, así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, esta xefatura territorial, de acordo cas competencias que resultan dos Decretos 135/2017 do 28 de decembro, polo que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, y tendo en conta o Decreto 9/2017, de 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:
Conceder a autorización administrativa previa e de construción a ditas instalacións, cuxas características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no seu proxecto e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Anuncio publicado en: Num BOP 196 año 2020 27/08/2020
26/08/2020 08:00:00
11:29:46

- Domicilio Social: Polígono empresarial As Gándarasparcela U2-rúa Aller Ulloa, Ramón María, n.º 9, 27003
Lugo.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/08/2020

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data27/08/2020

Conteggio pagine11

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni