Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 24/08/2020

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

LUNS, 24 DE AGOSTO DE 2020

N.º 193

CONCELLOS
ABADÍN
Anuncio A Xunta de Goberno Local deste concello, aprobou os seguintes Padróns do prezo público pola prestación do Servizo de Axuda no Fogar Básica e Lei de Dependencia:
Sesión do día 05/03/2020:
-

Padrón correspondente ao mes de xaneiro de 2020.

-

Padrón correspondente ao mes de febreiro de 2020.

-

Padrón correspondente ao mes de marzo de 2020.

-

Padrón correspondente ao mes de abril de 2020.

Ditos padróns expoñense ao público polo prazo de quince días contados a partir do seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, ao obxecto de que poidan ser examinados e presentar contra os mesmos as reclamacións que se estimen pertinentes. Así mesmo faise saber que ditas publicacións servirán de notificación colectiva a todos os contribuíntes nel comprendidos ao amparo da Lei Xeral Tributaria.
Abadín, 13 de agosto de 2020.- O Alcalde, José M López Rancaño.
R. 1873

CARBALLEDO
Anuncio En sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local celebrada o 23 de xullo de 2020 foi aprobado inicialmente o Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais do Concello de Carballedo, visado con data 09/07/2020 polo COITA de Lugo.
O citado Plan exponse ao público polo prazo de vinte días hábiles, a contar desde a publicación deste anuncio no BOP de Lugo, durante os cales as persoas que o desexen poidan formular as correspondentes alegacións, observacións e suxestións, de tal xeito que se considerará definitivamente aprobado se durante o citado período non fora presentada reclamación algunha ao mesmo.
O Plan está publicado na páxina web do Concello de Carballedo http www.concellocarballedo.es quedando, así mesmo, a disposición do público en xeral nas dependencias da Casa Consistorial do Concello de Carballedo, sita na Praza V. Portomeñe, 1 A Barrela CP 27520 Carballedo Lugo.
O Plan será o documento de referencia aos efectos de que os responsables cumpran coas súas obrigas de xestión da biomasa conforme ao art. 21 e no prazo previsto no art. 22 da Lei 3/2007, de 9 de abril, de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia.
Carballodo, 12 de agosto de 2020.- O ALCALDE, D. Julio M. Yebra-Pimentel Blanco.
R. 1874

Anuncio publicado en: Num BOP 193 año 2020 24/08/2020
21/08/2020 08:00:00
12:04:28

Sesión do 10/07/2020:

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 24/08/2020

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data24/08/2020

Conteggio pagine6

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni