Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/04/2020

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 095 luns, 27 de abril de 2020

BOP Lugo
Mediante escrito con R.X. nº 2020-E-RC-747 en data 28 de febreiro, D M Elena Candia López renuncia ao cargo de Alcaldía mantendo a condición de concelleira. Despois de que o Pleno tomara coñecemento da mesma en sesión de data 2 de marzo de 2020, tomei posesión como novo alcalde en sesión plenaria celebrada en data 9 de marzo de 2020.
En uso das facultades atribuídas polos arts. 21.3 e 125 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local LBRL, 62 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia LALG e 46 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado por Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro ROF, RESOLVO:
PRIMEIRO: Nomear aos seguintes Tenentes de Alcalde:
1º.- tenente de alcalde: D M Elena Candia López 2º.- tenente de alcalde: D María Angeles Rodriguez Rico 3º.- tenente de alcalde: D. José Otero Rejes Aos mesmos lle corresponderá ao abeiro dos arts. 23.3 da LBRL e 47.1 do ROF, substituir a esta Alcaldía na totalidade das súas funcións, e pola orde do seu nomeamento, nos casos de ausencia, enfermidade ou impedimento que posibilite a éste para o exercizo das súas atribucións, así como desempeñar as funcións do alcalde nos supostos de vacante na Alcaldía ata que tome posesión o novo Alcalde, de ser o caso.
SEGUNDO: Da presente resolución darase conta ao Pleno na primeira sesión que celebre, notificándose, ademais, persoalmente aos designados, e publicarase no Boletín oficial da Provincia, sen prexuízo da súa efectividade dende o día seguinte o da presente resolución.
O manda e asina o sr. Alcalde, ante mín a secretaria.
Mondoñedo, 10 de marzo de 2020.- O Alcalde, Manuel Ángel Otero Legide.

Anuncio DECRETO DE ALCALDÍA
ASUNTO: nomeamento de Concelleiros delegados.
Celebradas as Eleccións Locais o pasado 26 de maio de 2019 e unha vez constituída a nova Corporación en sesión celebrada en data 15 de xuño de 2019, de conformidade co artigo 38.d do RD 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais ROF
o Decreto de Alcaldía nº 2019-0132 resolveu en data 20 de xuño sobre o nomeamento dos concelleiros delegados.
O antedito Decreto publicouse no BOP nº 151 de 3 de xullo de 2019.
Mediante escrito con R.X. nº 2020-E-RC-747 en data 28 de febreiro, D M Elena Candia López renuncia ao cargo de Alcaldía mantendo a condición de concelleira. Despois de que o Pleno tomara coñecemento da mesma en sesión de data 2 de marzo de 2020, tomei posesión como novo alcalde en sesión plenaria celebrada en data 9 de marzo de 2020.
En uso das facultades que me confire o artigo 21.3 e 23.4 da Lei 7/1985, do 2 de abril e de conformidade cos artigos 43,44 , 45 e 51 do ROF, RESOLVO:
PRIMEIRO.- Manter as mesmas delegacións atribuídas mediante Decreto de alcaldía nº 2019-0132 de data 20 de xuño.
SEGUNDO.- Notificar persoalmente a presente resolución aos designados e remitir a Resolución do nomeamento ao Boletín Oficial da Provincia de Lugo para a súa publicación no mesmo, sen prexuízo da súa efectividade desde o dia seguinte da sinatura da resolución pola Alcaldía.
TERCEIRO.- Dar conta ao Pleno do Concello desta Resolución na primeira sesión que se celebre aos efectos de cumprir o preceptuado no artigo 38 do ROF citado.
O manda e asina o sr. Alcalde, ante mín, a secretaria.
Mondoñedo, 10 de marzo de 2020.- O Alcalde, Manuel Ángel Otero Legide.
R. 0750

O VICEDO
Anuncio DON JOSÉ JESÚS NOVO MARTÍNEZ, ALCALDE PRESIDENTE DO CONCELLO DO VICEDO, PROVINCIA DE LUGO,
Anuncio publicado en: Num BOP 95 año 2020 27/04/2020
22/04/2020 08:00:00
13:11:49

R. 0749

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/04/2020

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data27/04/2020

Conteggio pagine3

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni

<<<Abril 2020>>>
DLMMJVS
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930