Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/04/2020

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

LUNS, 6 DE ABRIL DE 2020

N.º 079

XUNTA DE GALICIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA.
DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio Resolución do 24 de marzo de 2020 da Xefatura Territorial de Lugo pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo. expediente IN407A
2019-40AT
Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:
- Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas S.A.
- Domicilio Social: Polígono empresarial As Gándarasparcela U2-rúa Aller Ulloa, Ramón María, n.º 9, 27003 Lugo.

- Situación: concello de Lugo - Características técnicas:

Liña soterrada de media tensión con orixe na liña soterrada de media tensión dirección CS Arenal 9307 e final no CT Ceao 1 5139, cunha lonxitude de 711 metros en condutor tipo RHZ1-240mm.

Liña soterrada de media tensión CT Mármoles P 8211 consistente no desprazamento de 6 metros de liña de
media tensión existente en condutor RHZ1-95 dende conversión en apoio existente a desmontar hasta cela existente en CS Industria 91 1881.

Liña soterrada de media tensión CT Plásticos Arias 6235 consistente no desprazamento de 6 metros de liña
de media tensión existente en condutor RHZ1-95 dende conversión en apoio existente a desmontar hasta cela en centro de seccionamento Plásticos Arias proxectado.

Liña soterrada de media tensión CT Plásticos Arias 6235 consistente no desprazamento de 7 metros de liña
de media tensión existente en condutor RHZ1-95 dende conversión en apoio existente a desmontar hasta cela en centro de seccionamento Plastifer proxectado.

Centro de Transformación prefabricado Ceao 2, cunha potencia de 630KVA e unha relación de transformación 20.000/400-230V, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección.

Centro se seccionamento prefabricado Plásticos Arias, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección.
Centro se seccionamento prefabricado Plastifer, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección.
Liña soterrada de baixa tensión do CT Ceao 2, formada por seis circuítos, con orixe no cadro de baixa do CT

Ceao 2 e final na RBT aérea proxectada, cunha lonxitude de 31 metros de RV-50, 172 de RV-150 e 43 metros de RV-240.

Liña aérea de baixa tensión do CT Ceao 2, con orixe na RBT soterrada e final nas RBTs existentes cunha lonxitude de 17 metros de RZ-25 e 45 metros de RZ-95.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, BOE núm. 310 do sector eléctrico e no título VII, capítulo II do Real Decreto 1955/2000, do 1 de decembro BOE nº 310, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, no Real Decreto 337/2014, de 9 de maio, polo que se aproba o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias e na Resolución de 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción D.O.G. núm. 54 de 19 de marzo, así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, esta xefatura territorial, de acordo cas competencias que resultan dos Decretos 135/2017 do 28 de decembro, polo que se crea
Anuncio publicado en: Num BOP 79 año 2020 06/04/2020
04/04/2020 08:00:00
14:07:08

- Denominación: SOTERRAMIENTO DE DC CEAO 1-2 POLÍGONO CEAO ZONA ESTE LUGO

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/04/2020

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data06/04/2020

Conteggio pagine31

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni