Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 20/07/2019

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

SÁBADO, 20 DE XULLO DE 2019

N.º 166

XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO. AUGAS DE GALICIA.
SERVIZO TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA
CORRECCIÓN DE ERROS
O presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o art. 52 do Regulamento do dominio público hidráulico.

Advertido un erro no citado anuncio, cómpre facer a súa corrección no sentido de que onde di: As obras solicitadas consisten na construción dun porche no predio con referencia catastral 27067A05903447, debe dicir As obras solicitadas consisten na construción dun porche no predio con referencia catastral 27067A05903448,
O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte 20 días a partir do seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Viveiro ou nas oficinas deste servizo, situadas na Ronda da Muralla, 70, 2º, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe.
Lugo, 12 de xullo de 2019.- A xefa do servizo territorial, Rocío Carreira Carral.
R. 2194

Anuncio
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA.
DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO
Resolución do 12 de xulio de 2019 da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Lugo, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica Liña colectora Ludrio eixo norte: 132 Kv - Parque eólico Pastoriza-Rodeiro Subestación de Interconexión Ludrio 132/400 Kv nos concellos de A Pastoriza e Castro de Rei. Expediente IN 407A 2017/4-0.
Con data 28 de xuño de 2019, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas ditou resolución pola que se outorgan á empresa Gas Natural Fenosa Renovables S.L.U. as autorizacións administrativas previa e de construción, se declara a utilidade pública, en concreto, así como a prevalencia con diversos aproveitamentos forestais e cun dereito mineiro, da instalación eléctrica denominada Liña colectora Ludrio eixo norte: 132 Kv - Parque eólico PastorizaRodeiro - Subestación de Interconexión Ludrio 132/400 Kv, sita nos concellos de A Pastoriza e Castro de Rei.
Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 24/2013 do 26 de decembro do Sector Eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación ós efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.
De acordo co anterior, esta xefatura territorial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar a tódalas persoas afectadas coas que non se chegou a un acordo, incluídas na relación de bens e dereitos que se insire como Anexo á presente resolución e que se expón tamén nos taboleiros de anuncios dos concellos de A Pastoriza e Castro de Rei, deducida da que se someteu a información pública no diario El Progreso do 27 de decembro de 2017 e no Diario Oficial de Galicia do 21 de decembro de 2017, para que comparezan nos Concellos de A Pastoriza e de Castro de Rei como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación. Desta
Anuncio publicado en: Num BOP 166 año 2019 18/07/2019 13:46:16
20/07/2019 08:00:00

No Boletín Oficial da Provincia número 217, do 20/09/2018, publicouse o anuncio de información pública relativo á solicitude de Miguel Ángel Prieto Fernández, para a construción dun porche en zona de policía dos regos Vilar e Bravos. Expediente: DH.W27.61374.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 20/07/2019

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data20/07/2019

Conteggio pagine57

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni