Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/07/2019
Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.
Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo
SÁBADO, 6 DE XULLO DE 2019
N.º 154
CONCELLOS
CARBALLEDO
Anuncio A Comisión Especial de Contas, en sesión celebrada con data 27 de xuño de 2019 ditaminou favorablemente a Conta Xeral do Concello de Carballedo correspondente ao exercicio económico de 2018, o que faise público, de conformidade co disposto no artigo 212.3 do Texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, advertíndo que durante o prazo de quince días, e oito mais, os interesados poderán presentar as reclamacións, reparos ou observacións que estimen oportunos.
Durante o antedito prazo poderá examinarse o expediente en horario de nove a dúas, de luns a venres, na Secretaría do Concello.
Carballedo, 27 de xuño de 2019.- O Alcalde, Julio M. Yebra-Pimentel Blanco .
COSPEITO
Anuncio ANUNCIO DE EXPOSICIÓN AO PÚBLICO DA APROBACIÓN DO PADRÓN DE CONTRIBUÍNTES POLAS TAXAS DE
PRESTACIÓN DOS SERVIZOS DE ABASTECEMENTO DE AUGA, SUMIDOIROS, RECOLLIDA DOMICILIARIA DE
RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS E CANON AUTONÓMICO DE AUGA CORRESPONDENTE AO PRIMER TRIMESTRE
DE 2019.
En cumprimento do establecido no artigo 62.3. da Lei 58/2003, do 17 de novembro, Xeral Tributaria, o Alcalde
Presidente mediante Resolución núm. 75/19 do 14/02/19 adoptou acordo polo que se aproba o Padrón de contribuíntes das Taxas pola prestación dos servizos de abastecemento de auga, sumidoiros, recollida domiciliaria de residuos sólidos urbanos, e canon autonómico de auga correspondentes ao Primer trimestre de 2019 e cuxo contido literal da parte dispositiva que recolle dito acordo é o seguinte:
PRIMEIRO. Aprobar o Padrón de contribuíntes polos conceptos de Taxa polo servizo de abastecemento de auga, sumidoiros e recollida domiciliaria de lixo e canon autonómico de auga cunha cota total de 60.003,76€ IVE
incluído correspondente ao 1º trimestre de 2019 e polos seguintes importes desagregados por conceptos tributarios:
Período 1º T 2019
Auga 25.302,38
Lixo 21.051,57
Sumidoiros 521,73
Canon de auga 10.593,74
IVE
2.534,34
TOTAL
60.003,76
SEGUNDO. Reiterar a publicación do período de cobro en voluntaria reflectido no calendario fiscal do ano 2019
modificado por resolución de alcaldía de data 28.05.2019:
Padrón
Período voluntario de cobro
1º Trimestre 2019
Do 17/06/2019 ao 19/08/2019
TERCEIRO. Dispor a apertura dos períodos voluntarios de pago dos referidos padróns e nos períodos indicados no punto anterior, para a xestión recadatoria dos padróns correspondentes, dando exposición pública ao acordo mediante anuncio a inxerir no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e no taboleiro de anuncios da Casa Consistorial do Concello de Cospeito.
Anuncio publicado en: Num BOP 154 año 2019 05/07/2019 14:33:31
06/07/2019 08:00:00
R. 1929