Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/07/2019

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 150 martes, 2 de xullo de 2019

BOP Lugo
DACIÓN DE CONTA DAS RESOLUCIÓNS DE ALCALDÍA REFERIDAS NO ARTIGO 38.D DO REAL DECRETO
2568/1986.
Polo Sr. Alcalde procédese a dar lectura ás Resolucións de Alcaldía correspondentes ao nomeamento dos Tenentes de Alcalde, membros da Xunta de Goberno Local, e delegacións de competencias da Alcaldía na Xunta de Goberno Local.
NOMEAMENTO DE TENENTES DE ALCALDE
RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA
De conformidade co disposto nos artigos 20.1a, 23.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, artigo 62 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia e artigo 46.1 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, do 28 de novembro de 1986, os Tenentes de Alcalde serán libremente nomeados polo Alcalde de entre os membros da Xunta de Goberno Local. De dito nomeamento darase conta ao Pleno, procedéndose a sua publicación no Boletín Oficial da Provincia, Á vista do exposto, RESOLVO:
PRIMEIRO.- Nomear Tenentes de Alcalde do Concello de Carballedo aos seguintes Concelleiros membros da Xunta de Goberno Local deste Concello:
Primer Tenente de Alcalde: D MARIA JOSE VAZQUEZ PEREZ
Segundo Tenente de Alcalde: D FRANCISCO JAVIER RODRIGUEZ GONZALEZ
Terceiro Tenente de Alcalde: D PEGERTO GONZALEZ VAZQUEZ
Aos Tenentes de Alcalde, en canto tales, corresponderalles substituír a esta Alcaldía na totalidade das súas funcións e por orde do seu nomeamento, nos casos de ausencia, enfermidade ou impedimento que lle imposibilite para o exercicio das súas atribucións, de conformidade co disposto no artigo 47 do Real Decreto 2568/1986.
SEGUNDO.- Da presente resolución darase conta ó Pleno na primeira sesión que celebre, notificándose, ademais, persoalmente aos designados e publicarase no Boletín Oficial da Provincia, sen prexuízo de súa efectividade dende o día seguinte ó da presente resolución.
En Carballedo, a 19 de xuño de 2019.-O Alcalde.- Asdo. Julio M. Yebra-Pimentel Blanco.
NOMEAMENTO DE MEMBROS DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL
RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA
De conformidade co disposto nos artigos 20.1b e 23 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, artigo 65 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno Local estará integrada polo Alcalde e un número de concelleiros non superior ó tercio do número legal dos membros da Corporación, nomeados e separados libremente por aquél, dando conta ao Pleno.
Visto o disposto nos artigos 52, 53 e 112.3 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, do 28 de novembro de 1986, RESOLVO:
PRIMEIRO. Nomear membros da Xunta de Goberno Local, aos seguintes Concelleiros/as:
D MARIA JOSE VAZQUEZ PEREZ
D FRANCISCO JAVIER RODRIGUEZ GONZALEZ
D PEGERTO GONZALEZ VAZQUEZ
TERCEIRO. Da presente resolución darase conta ó Pleno na primeira sesión que se celebre, notificándose, ademais, persoalmente aos designados e publicarase no Boletín Oficial da Provincia, sen prexuízo de súa efectividade desde o día seguinte ao da presente resolución.
En Carballedo, a 24 de xuño de 2019.-O Alcalde.- Asdo. Julio M. Yebra-Pimentel Blanco.
DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DE ALCALDÍA EN XUNTA DE GOBERNO LOCAL
RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA
De conformidade co disposto no artigo 43 do Real Decreto 2568/1986 e artigo 61 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, o Alcalde poderá delegar as súas atribucións, salvo as referidas nos artigos 21.3
e 71 da Lei 7/1985 a favor da Xunta de Goberno Local, en canto órgano colegiado. As delegacións realzaranse mediante Decreto de Alcaldía con dación de conta ao Pleno na primeira sesión que se celebre e publicación no Boletín Oficial da Provincia, ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 45 do RD 2568/1986.
Á vista do exposto, RESOLVO:
PRIMEIRO.- Delegar na Xunta de Goberno Local as seguintes atribucións:

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/07/2019

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data02/07/2019

Conteggio pagine14

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni