Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/06/2019

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

31

Núm. 135 venres, 14 de xuño de 2019

BOP Lugo
NAS EXPLOTACIÓNS LUCENSES: SUBVENCIÓN DESTINADA Á PROMOCIÓN E POTENCIACIÓN DE REPRODUTORAS
INSCRITAS NO REXISTRO DEFINITIVO DO LIBRO XENEALÓX
BDNS Identif.: 460577
De conformidade co previsto nos artigos 17.3b e 20.8a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións, publícase o extracto da convocatoria de subvención cuxo texto completo pódese consultar na Base de Datos Nacional de Subvencións http www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index :
Primeiro.- Beneficiarios

Gandeiro/a individual Sociedades Agrarias de Transformación.
Persoas xurídicas que ostenten a titularidade de explotacións.
Comunidades de Bens e Sociedades Civís que sexan titulares de explotacións.

Nestes casos, deberá facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe da subvención a aplicar por cada uno deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, corresponden á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorrese o prazo de prescrición previsto nos artigos 39 e 65 da Lei Xeral de Subvencións.
Segundo.- Obxecto
Para poder ser beneficiario da subvención será preciso que as explotacións figuren inscritas na Asociación Nacional de Criadores de Gando Selecto Vacún de raza Rubia Gallega ACRUGA, no Libro Xenealóxico da raza Rubia Gallega.
Estas axudas están suxeitasao establecido no Regulamento UE nº 1408/2013, da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea sobre réxime de axudas de mínimis no sector agrícola, publicado no Diario Oficial da Unión Europea Serie L número 352 do 24 de decembro de 2013.
Terceiro.- Bases reguladoras A ordenanza Xeral de Subvencións da Deputación de Lugo, esta accesible na web destaentidade local, en concreto na seguinte dirección:
http www.deputacionlugo.gal/subvencions A convocatoria de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva destinada a persoas titulares de explotacións gandeiras, para a dinamización e potenciación da integridade da raza bovina rubia galega nas explotacións lucenses, eixo 2: promoción e potenciación de reprodutoras inscritas no rexistro definitivo do libro xenealóxico da raza rubia galega nas explotacións da provincia de Lugo, é accesible en:
http www.deputacionlugo.gal/gl/temas/medioambiente/axudas_rubia_galega_2019
Cuarto.- Contía e importe máximo A contía global destinada a esta actuación de fomento eixe 2 incluída no orzamento da Deputación Provincial de Lugo para o período 2019-2022 ascende a 800.000,00 €,correspondendo a cantidade de 200.000,00 € para cada unha das anualidades.
Quinto.- Prazo de presentación de solicitudes O prazo de presentación de solicitudes poderá efectuarse por anualidade, durante todo o ano natural, a partir da publicación das presentes bases de convocatoria, no BOP da provincia de Lugo. As bases estarán publicadas tamén na páxina web da Deputación de Lugo www.deputacionlugo.org e na páxina web de ACRUGA
www.acruga.com .
Os interesados deberán solicitar a subvención formalizándose no impreso normalizado establecido ao efecto, que estará a disposición dos usuarios nas oficinas da entidade colaboradora ACRUGA e/oupáxina principal da Web da mesma www.acruga.com .
A solicitude deberá presentarse nas oficinas da entidade colaboradora ACRUGA dentro do ano natural correspondente, e como máximo ata o 10 de Xaneiro da seguinteanualidade.

Anuncio publicado en: Num BOP 135 año 2019 13/06/2019 10:46:11
14/06/2019 08:00:00

As bases teñen como obxecto a ordenación do procedemento para a concesión das subvencións en réxime de concorrencia non competitiva dentro da acción de fomento eixe 2 sobre a promoción e potenciación de reprodutoras inscritas no rexistro do libro xenealóxico da raza rubia galega nas explotacións da provincia de Lugo, destinadas aos titulares de explotaciónsgandeiras, coa finalidade de fomentar a inscrición de reprodutoras no Rexistro Definitivo da raza Rubia Gallega.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/06/2019

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data14/06/2019

Conteggio pagine33

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni