Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/06/2019

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

XOVES, 6 DE XUÑO DE 2019

N.º 128

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
SECCIÓN DE ACTAS
Anuncio Resolución da Presidencia da Excma. Deputación Provincial de Lugo, de data trinta e un de maio de 2019, sobre cesamento de persoal eventual que textualmente di o seguinte:
Tras ver a proposta do deputado delegado da Subárea de Goberno Interior, Asuntos Xerais e Formación, a teor do seguinte texto:

Tendo en conta que a regulación dos cesamentos do persoal Eventual se establece de conformidade ao sinalado no artigo 12.3 da Lei 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, que di: O nomeamento e cesamento serán libres. O cesamento terá lugar, en todo caso, cando se produza o da autoridade ó que preste a función de confianza e asesoramento.
Igualmente o artigo 104.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, sinala, relación ao persoal eventual, que: O nomeamento e cesamento destes funcionarios é libre e corresponde Alcalde ou ao Presidente da Entidade Local correspondente. Cesan automáticamente, en todo caso, cando produza o cesamento ou expire o mandato da autoridade á que prestan a súa función de confianza asesoramento.

en ao se ou
Tendo en conta o sinalado, conforme ao que establece a normativa de aplicación, antes citada, en uso das atribucións que o citado artigo 104.2 lle confire á Presidencia, procede:
Cesar a don Raúl García Martínez no desempeño das funcións como Asesor Nivel II, con efectividade do día 5 de xuño de 2019, que será o último día no que preste servizos efectivos con base no nomeamento, efectuado no seu día, como persoal Eventual.
Polo anteriormente exposto e, en uso das facultades que lle confire a esta Presidencia o artigo 34 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, RESOLVO:
Prestar aprobación á proposta anteriormente transcrita en todas as súas partes.
O que se fai público aos oportunos efectos.
Lugo, tres de xuño de dous mil dezanove. O PRESIDENTE EN FUNCIÓNS, Darío Campos Conde.- A SECRETARIA, María Esther Álvarez Martínez.
R. 1606

SECCIÓN DE PROMOCIÓN ECONÓMICA E EMPREGO
Anuncio MODIFICACIÓN DAS BASES DO PROGRAMA TECENDO EMPREGO
Por acordo da Xunta de Goberno celebrada na sesión do 31 de maio do 2019 aprobouse a modificación das bases do programa Tecendo Emprego en prol da creación de emprego do seguinte xeito, a vista de que non se prexudica a ningún terceiro, matizase o criterio do limite de idade, sen alterar os criterios de titulación e aptitude para acceso o posto.
Engadíndose no artigo 3 das bases da Fase I e na Base I da Fase II do Programa Tecendo Emprego, o seguinte:
A determinación do limite de idade establecido en cada unha das liñas non será causa de exclusión do proceso de selección , non obstante aqueles candidatos que non excedan da idade limite de cada liña terán preferencia sobre os demais aspirantes.

Anuncio publicado en: Num BOP 128 año 2019 05/06/2019 14:23:14
06/06/2019 08:00:00

Visto que con data 22 de febreiro de 2016, o Presidente da Deputación Provincial de Lugo, don Darío Campos Conde nomeou a don Raúl García Martínez para ocupar un posto de Asesor Nivel II adscrito, na vixente Relación de Postos de Traballo, á Área de Presidencia, en réxime de persoal Eventual.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/06/2019

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data06/06/2019

Conteggio pagine16

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni