Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/06/2019

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 129 venres, 7 de xuño de 2019

BOP Lugo
Monforte de Lemos, 31 de maio de 2019.- O alcalde, José Tomé Roca.
R. 1593

LOURENZÁ
Anuncio Ao non haberse presentado reclamacións durante o prazo de exposición ao público, queda automaticamente elevado a definitivo o Acordo plenario inicial de 02/04/2019 aprobatorio do REGULAMENTO PUNTO ATENCIÓN
INFANCIA "MENIÑOS" de LOURENZÁ, cuxo texto íntegro se fai público, para o seu xeral coñecemento e en cumprimento do previsto no artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERIOR DO PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA MENIÑOS DO CONCELLO DE
LOURENZÁ
-Decreto 254/2011, de 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e inspección dos programas e dos centros de servizos sociais, artigo 7 b do referido decreto que establece como un dos requisitos funcionais o dispor dunhas normas de funcionamento.
-Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia.
-Decreto 330/2009 de 4 de xuño, polo que se establece o currículo de Educación Infantil.
CAPÍTULO I.-OBXECTO E ÁMBITO DE APLICACIÓN.
Artigo 1.- OBXECTO

Os Puntos de atención á infancia PAI defínense como aqueles establecementos de carácter diúrno e titularidade municipal, encadrados nos servizos sociais especializados dos concellos, que teñen como finalidade prestar unha atención de apoio aos pais, titores ou gardadores dos/as nenos/as de entre 3 meses e 3 anos cando concorran situacións ou circunstancias que lles impidan o seu coidado. Ademais poderán atender aqueles casos que respondan a necesidades puntuais.
O obxecto destes puntos é a prestación dunha atención asistencial en concellos que por baixa poboación infantil ou outras circunstancias económico-sociais, necesitan prazas para a atención do colectivo de nenos/as entre 0 e 3 anos pero non precisan crear escolas infantís 0-3. Entendida a súa concepción como instrumento de desenvolvemento rural autorizaranse, analizadas as condicións anteriores, en concellos con menos de 5.000
habitantes. En concellos con maior poboación a autorización estará vinculada á necesidade de novas prazas asistenciais e á súa complementariedade coas ofertadas polas escolas infantís 0-3.
Artigo 2.- DATOS DO CENTRO E ÁMBITO DE APLICACIÓN
NOME DO CENTRO: Punto de Atención á Infancia Meniños de Lourenzá.
ENDEREZO: Avda. de Soutelo nº 12, baixo planta baixa da Casa da Xuventude, 27760 Lourenzá.
Teléfono: 982 122 025
Email: paimeninos@gmail.com RESPONSABLE: M Mercedes Fernández Docampo COORDINADORAS: Sandra Cibreiro Vizoso/Nina Vidal García TITULARIDADE
ENTIDADE TITULAR: Concello de Lourenzá ENDEREZO: Praza Conde Santo s/n.
REPRESENTANTE LEGAL: O/a Alcaldes/esa do Concello de Lourenzá.
Nº REXISTRO ENTIDADES PRESTADORA DE SERVICIOS SOCIAIS.- RUEPSS: E-525.
AUTORIZACIÓNS
ATA DE PERMISO DE INICIO DE ACTIVIDADE.- PIA: 18 DE xullo de 2006.
TIPO DE XESTIÓN: Directa.

Anuncio publicado en: Num BOP 129 año 2019 06/06/2019 08:47:05
07/06/2019 08:00:00

O presente regulamento ten por obxecto establecer a organización e funcionamento do Punto de Atención á Infancia PAI pertencente ó Concello de Lourenzá.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/06/2019

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data07/06/2019

Conteggio pagine12

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni