Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 30/01/2019

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MÉRCORES, 30 DE XANEIRO DE 2019

N.º 025

XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE. AUGAS DE GALICIA.
SERVIZO TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA
ROQ AVENTURA S.L. solicita de Augas de Galicia a autorización de obras en zona de policía. O presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o art. 52 do Regulamento do dominio público hidráulico. Expediente: DH.W27.61782.
As obras solicitadas consisten na construción dun parque de aventuras na parcela de referencia catastral 27067A007000230000XT, no monte San Roque, na zona de policía e servidume dun rego innominado afluente do rego da Trasposta, na parroquia de Viveiro, no concello de Viveiro Lugo. A maioría das instalacións ocupan o espazo aéreo montadas sobre as árbores.
O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte 20 días a partir do seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Viveiro ou nas oficinas deste servizo, situadas na Ronda da Muralla, 70, 2º, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe.
Lugo, 23 de xaneiro de 2019.- A xefa do servizo territorial, Rocío Carreira Carral R. 0270

CONCELLOS
BURELA
Anuncio DELEGACIÓN FUNCIÓNS ALCALDÍA
Esta Alcaldía, con data do día 16 de xaneiro de 2017, ditou o Decreto número 2018-0026 que se transcribe a continuación:
DECRETO DE ALCALDÍA
Vistas as atribucións que son conferidas á Alcaldía pola normativa vixente art. 21 da Lei 7/85, art. 24
R.D.781/86, art 41 R.D. 2568/86, art. 61 da Lei 5/97 de Administración Local de Galicia.
Visto o disposto no artigo 47 do R.D. 2568/86 polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, de acordo co cal corresponde ós Tenentes de Alcalde, substituír na totalidade das súa funcións e polo orden do seu nomeamento ó Alcalde, en casos de ausencia, entre outros, esixíndose nestes casos, resolución expresa de delegación das competencias de que se trate, resolución que deberá reunir os requisitos establecidos no artigo 44 .1 e 2 do mesmo regulamento.
Visto o establecido no artigo 44.1 e 2 do R.D. 2568/86 de acordo cos cales as delegacións se realizarán por decreto de Alcaldía, con indicación das facultades que se delegan e condicións do seu exercicio, producindo efectos a resolución desde o día seguinte á data da mesma, sen prexuízo da súa obrigatoria publicación no BOP.
Visto que esta Alcaldía ten que ausentarse do termo municipal os días 23 a 25 de xaneiro de 2019, por motivos personais, RESOLVO:
PRIMEIRO: Delegar no 2º Tenente de Alcalde D. José Díaz García as competencias da Alcaldía, os días 23 a 25 de xaneiro de 2019.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 30/01/2019

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data30/01/2019

Conteggio pagine23

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni