Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 11/01/2019

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

VENRES, 11 DE XANEIRO DE 2019

N.º 009

CONCELLOS
BURELA
Anuncio
Contra o acto de aprobación do padrón e das liquidacións de tributos municipais incorporadas a este, poderase formular recurso de reposición ante o órgano competente, no prazo de un mes contado dende o día seguinte ao de finalización do período de exposición ao público do padrón de contribuíntes ou ben recurso contenciosoadministrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, sen que poidan interpoñerse ambos simultaneamente.
Transcorrido o período de pago en voluntaria as débedas co municipio serán esixidas polo procedemento de constrinximento co correspondente recargo de mora e costas que se produzan, no seu caso.
A falta de pagamento do Canon de Auga da Xunta no período voluntario sinalado suporá a esixencia do mesmo directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola Consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia. A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación economico-administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo dun mes dende esta notificación.
O presente anuncio ten carácter de notificación colectiva ao abeiro do establecido nos artigos 102 apartado 3 da Lei 58/ 2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria e 23 e 24 do R.D. 939/2005, de 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación.
Burela 29 de decembro de 2018.- O ALCALDE, ALFREDO LLANO GARCIA.
R. 0048

FOZ
Anuncio Faise público que por Resolución de Alcaldía de data 8 de xaneiro de 2019 aprobáronse as seguintes rectificacións de erros detectados nas bases e convocatoria para a selección de persoal laboral temporal en réxime de interinidade para as seguintes categorías de postos de traballo do Concello de Foz: 2 prazas de operarios de obras; 2 prazas de peóns; 1 praza de oficial de 1 do servizo de limpeza e 2 prazas de limpador/a, aprobadas por Decreto de Alcaldía en data 21 de decembro de 2018 e publicadas no BOP número 295 do 27 de decembro de 2018:
No punto 3.2.-Requisitos específicos para cada categoría, das devanditas Bases:
Onde di:
Oficial de 1. Coordinador do servizo de limpeza:
-Carné de conducir tipo C1
Peón do servizo de basuras:
-Carné de conducir tipo C1
Debe dicir:

Anuncio publicado en: Num BOP 9 año 2019 10/01/2019 09:39:12
11/01/2019 08:00:00

Aprobado por acordo da Xunta de Goberno Local, na sesión celebrada o día 19 de decembro de 2018, a corrección de erro na determinación das datas de cobramento en período voluntario do Padrón por liquidación das taxas do servizo de abastecemento domiciliario de augas, sumidoiros e recollida de lixo, así como o canón de auga da Xunta de Galicia, correspondente ao Quinto Bimestre do exercicio 2018, aprobado por Xunta de Goberno Local en data 5 de decembro de 2018, en aplicación do artigo 109.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común. Queda aberto o prazo de cobro en período voluntario dende o día 21
de decembro de 2018 ata o día 21 de febreiro de 2019.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 11/01/2019

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data11/01/2019

Conteggio pagine5

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni