Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/11/2021

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

LUNS, 15 DE NOVEMBRO DE 2021

N.º 262

XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE. AUGAS DE GALICIA. SERVIZOS CENTRAIS
Anuncio De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento de dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, fago público, para xeral coñecemento, que por resolución da dirección de Augas de Galicia de data 20 de outubro de 2021 e como resultado do expediente incoado ó efecto, outorgouse á Comunidade de Usuarios de A Cabaniña-Magazos, unha concesión de 2938,03 m3 anuais de auga procedente dun manancial situado no lugar da Cabaniña, na parroquia de Magazos Santa María, no concello de Viveiro Lugo, con destino a uso doméstico, gandeiro e a rega.
Número Expte.: DH.A27.60925
Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2021.- O xefe do Servizo de Tramitación Técnico-Administrativa do Dominio Público Hidráulico, José Ángel Someso Anguita.

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
ÁREA DE ECONOMÍA, RECADACIÓN E FACENDA. SERVIZO DE XESTIÓN, RECADACIÓN E
INSPECCIÓN TRIBUTARIA
Anuncio EDICTO
NOTIFICACIÓN COLECTIVA DE DÉBEDAS TRIBUTARIAS DE VENCEMENTO PERIODICO.
De conformidade co establecido no artigo 102.3 da Lei 58/2003, xeral tributaria, do 17 de decembro, notifícase colectivamente a liquidación dos ingresos públicos e concellos que se citan:
CONCELLO

PERIODO

TAXAS

O VICEDO

1º-semestre-2021

Taxa auga, lixo e sumidoiros e Canon auga Xunta de Galicia
O SAVIÑAO

2º-semestre-2021

Taxa pola recollida de lixo
SAMOS

2º-semestre-2021

Taxa pola recollida de lixo
Os Padróns poderán ser consultados polos interesados na Deputación Provincial de Lugo/ Servizo de Xestión Tributaria e Recadación rúa Tui, nº 5-baixo 27004- Lugo e no Concello correspondente, durante o prazo de QUINCE DIAS contados a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
As liquidacións obxecto de notificación colectiva teñen carácter provisional segundo o disposto no art. 101.4 da Lei Xeral Tributaria e, en contra destas, poderase interpoñer recurso de reposición perante o órgano competente do Concello, no prazo DUN MES, a contar dende o día seguinte da finalización do prazo de exposición. Poderase exercitar, non obstante, calquera outro recurso que se considere procedente. Todo iso, en virtude co establecido no art. 14.2 do Texto refundido da Lei reguladora das Facendas locais.
O Presidente, P. D. Decreto, de data 24/07/2019, A Deputada Delegada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Mayra García Bermúdez.

Anuncio publicado en: Num BOP 262 año 2021 15/11/2021
12/11/2021 08:00:00
13:51:02

R. 3240

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/11/2021

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date15/11/2021

Page count24

Edition count3289

Première édition01/03/2013

Dernière édition29/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones

<<<Noviembre 2021>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930