Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 30/08/2021

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 199 luns, 30 de agosto de 2021

BOP Lugo
-

Presentación directa: No Rexistro Xeral da Deputación de Lugo.

-

Correo electrónico: formacion@deputacionlugo.org
-

E demáis lugares de conformidade co artigo. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

SEGUNDA.- ACCESO E PARTICIPACIÓN NAS ACCIÓNS FORMATIVAS
1. Poderá participar o persoal que cumpra os requisitos específicos esixidos no anexo I.
2. Reservarase un 5% do número de prazas para traballadores/as con discapacidade, en cumprimento co disposto no artigo 11 do Real Decreto 2271/2004, de 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade. Incorpórase como criterio de valoración na participación nos cursos de formación de empregados/as públicos/as o estar afectado/a por unha discapacidade cun grao de minusvalía igual ou superior ao 33%. A selección efectuarase por separado da quenda xeral, incorporándose a ésta todas as vacantes que queden sen solicitantes.
3. A Área de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento poñerase en contacto cos/as peticionarios/as, asemade poderán obter confirmación da súa posible admisión chamando ao teléfono 982 260 065.
4. A non comparecencia ou abandono dun/dunha participante admitido/a a unha acción formativa terá como consecuencia que, durante un ano, non será admitido/a ás distintas accións formativas convocadas pola Área de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento da Deputación de Lugo.
TERCEIRA.- CERTIFICACIÓNS

a
Certificación de asistencia, ou
b Certificación de asistencia con aproveitamento: trala superación das probas pertinentes, as cales, terán carácter voluntario ou visto o informe de avaliación emitido polo/a formador/a.
En calquera dos supostos só se expedirá unha única Certificación.
CUARTA.- MODIFICACIÓNS
A Deputación de Lugo, poderá modificar o desenvolvemento e mailos contidos dos cursos co obxecto de adaptalos ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.
Lugo, 26 de agosto de 2021. O Presidente: José Tomé Roca. A Secretaria Xeral: María Esther Álvarez Martínez ANEXO I
CARACTERÍSTICAS E CONTIDOS ESPECÍFICOS
Código A. F.: 01.02.01.21
Denominación: A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA LOCAL ANTE AS LEIS DE PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO, RÉXIME XURÍDICO E TRANSPARENCIA. MODALIDADE EN LIÑA
Destinatarios: Empregados/as públicos/as da administración local da provincia de Lugo que participen na elaboración dun expediente administrativo; responsables de expedientes e auxiliares administrativos/as, que queiran ampliar os seus coñecementos na materia e indagar sobre as consecuencias prácticas da Administración electrónica, con coñecementos básicos de manexo de ordenadores e de navegación por internet.
Participantes: 50
Horas: 35
Datas realización: Do 22 de setembro ao 13 de outubro de 2021
OBXECTIVOS:
-

Coñecer e comprender o novo marco normativo que regula as relacións electrónicas entre a Administración e os administrados.

-

Coñecer e comprender o novo marco normativo que regula as interrelacións e o intercambio de información entre Administracións.

-

Coñecer e comprender os principais conceptos, dereitos e obrigas derivados da Administración Electrónica.

-

Coñecer as diferentes alternativas e solucións tecnolóxicas que se poñen a disposición das entidades locais.
Aprender a manexalas.

Anuncio publicado en: Num BOP 199 año 2021 30/08/2021
27/08/2021 08:00:00
11:41:46

Expedirase certificado de asistencia ou certificado de asistencia e aproveitamento ós/ás alumnos/as que asistan ó curso. É obrigatoria a asistencia a todas as sesións dos cursos presenciais. Unha inasistencia superior ao 15%
no cómputo total das horas programadas, imposibilitará a expedición da certificación acreditativa. No caso dos cursos en "MODALIDADE EN LIÑA", é obrigatoria a asistencia á sesión presencial, naqueles que así o requiran. Se o/a alumno/a non se presentase á sesión presencial, será excluído/a deste.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 30/08/2021

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date30/08/2021

Page count23

Edition count3289

Première édition01/03/2013

Dernière édition29/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones