Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/04/2021

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 091 venres, 23 de abril de 2021

BOP Lugo
No caso de nacionais doutros estados, non estar inhabilitado ou en situación equivalente, nin ser sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia o acceso ao emprego público nos termos anteriores.
D Ter cumpridos os dezaoito anos.
E Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.
F Posuír coñecemento do idioma galego, que se acreditará mediante o esixido para cada praza nas Bases Específicas.
G Cumprir, no momento da formalización do contrato laboral temporal, os requisitos esixidos na Lei 53/1984, de 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas.
Os/As aspirantes que viñeran desempeñando unha actividade pública ou privada, deberán solicitar o recoñecemento de compatibilidade inmediatamente despois de efectuar a formalización do pertinente contrato de traballo temporal.
De non ser compatible a actividade que viñeran desenvolvendo coa relación laboral que comeza no Concello de Chantada, os/as aspirantes seleccionados/as comprométense a renunciar ao correspondente posto/emprego convocado.
H Os/as aspirantes que se presenten pola cota de reserva de discapacitados, cando esta proceda, deberán ter recoñecida a condición legal de persoa con discapacidade cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, e deberán expresalo no formulario de solicitude de participación no proceso selectivo.
Todos os requisitos anteriores deberán posuírse no intre da presentación das instancias e gozar dos mesmos durante o procedemento de selección, así como en cada suposto nos que os/as seleccionados/as sexan requiridos/as para prestar os seus servizos neste Concello.

Os/As interesados/as dirixirán as solicitudes, no modelo oficial que se publica como Anexo destas bases e que tamén se facilitará nas Oficinas administrativas do Concello de Chantada e na súa páxina Web, ao Sr.Alcalde do Concello de Chantada, requirindo tomar parte nas correspondentes probas de selección, nas que os/as aspirantes farán constar que reúnen as condicións esixidas nas presentes bases xerais e nas bases específicas para a praza que se opte, ao Sr. Alcalde-Presidente deste Concello.
As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral deste Concello ou nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas As solicitudes que non se presenten no Rexistro Xeral do Concello, e se fagan a través doutros medios sinalados na Lei 39/2015, deberán comunicalo mediante correo electrónico: persoal@concellodechantada.org.
O prazo de presentación será de 10 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
A solicitude de participación no proceso selectivo, deberá ser cumprimentada debidamente polos/as aspirantes.
Se o día en que finalice o prazo de presentación de instancias fose inhábil o prazo rematará o primeiro día hábil seguinte.
QUINTO.- DOCUMENTACIÓN QUE DEBERÁ ACOMPAÑAR NECESARIAMENTE Á SOLICITUDE.
5.1.- COPIA COTEXADA DO DNI OU PASAPORTE.
Ademais, os/as aspirantes estranxeiros/as, deberán presentar documentos que acrediten que son nacionais da Unión Europea ou dalgúns dos Estados aos cales, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexan de aplicación a libre circulación de traballadores.
5.2.- COPIA COTEXADA DA TITULACIÓN ESIXIDA EN CADA POSTO CONCRETO.
5.3.-COPIA COTEXADA DA TARXETA CO NÚMERO DE AFILIACIÓN Á SEGURIDADE SOCIAL.
5.4.- COPIA COTEXADA DO TÍTULO DE GALEGO ESIXIDO EN CADA POSTO CONCRETO.
5.5.- COPIA COTEXADA DO CARNÉ DE CONDUCIR, DE SER NECESARIO.
5.6.- DECLARACIÓN RESPONSABLE SEGUNDO O ANEXO.
5.7.- OS/AS ASPIRANTES CON DISCAPACIDADE DEBERÁN FACELO CONSTAR NA SOLICITUDE, CO FIN DE
FACER AS ADAPTACIÓNS DE TEMPO E MEDIOS NECESARIOS, PARA GARANTIR A IGUALDADE DE
OPORTUNIDADES CO RESTO DOS ASPIRANTES. Os interesados deberán formular petición expresa de participar no proceso de selección polo turno de discapacidade cando este estivese previsto debendo aportar o ditame técnico facultativo emitido polo órgano técnico de calificación do grado de discapacidade, acreditando a/s deficiencia/s que deran orixe ó grado de discapacidade recoñecido, a efectos de que o tribunal poida valorar a procedencia ou non da concesión da adaptación solicitada.

Anuncio publicado en: Num BOP 91 año 2021 23/04/2021
22/04/2021 08:00:00
10:21:38

CUARTO.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/04/2021

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date23/04/2021

Page count36

Edition count3289

Première édition01/03/2013

Dernière édition29/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones