Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 20/04/2021

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 088 martes, 20 de abril de 2021

BOP Lugo
En aplicación do artigo 74.2 da tan repetida Lei para solicita-la bonificación do 50% da cota, por tratarse de vivendas de Protección Oficial ou equiparables segundo as normas da Comunidade Autónoma, os interesados deberán aporta-la fotocopia da cédula de cualificación definitiva de V.P.O. o prazo de aplicación desta bonificación comprenderá os tres períodos impositivos seguintes ó de outorgamento da cualificación definitiva, que poderá efectuarse en calquera momento anterior á finalización dos tres períodos impositivos de duración da mesma e surtirá efectos, no seu caso, dende o período impositivo seguinte a aquel en que se solicite.
Terán dereito a unha bonificación do 95% da cota íntegra e, no seu caso, do cargo do imposto a que se refire o artigo 134 da presente Lei, os Bens Rústicos das Cooperativas Agrarias e de Explotación Comunitaria da Terra, nos termos establecidos na Lei 20/1990, de 19 de decembro, sobre Réxime Fiscal das Cooperativas.
BONIFICACIÓNS:
Conceder una bonificación do 90 por cento da cota íntegra do imposto de bens inmobles urbanos emprazados na Zona Portuaria de Burela, no lugar que se indica no plano que se adxunta dedicados a Industrias que se dediquen a actividades primarias do sector pesqueiro extracción, maculación, conservación ou transformación dos recursos pesqueiros, sendo a tipoloxía da construción a de naves ou edificación para uso industrial ou comercial, situadas dentro do solo cualificado como solo portuario, sendo a vixencia de tal bonificación a partir do 1º de xaneiro de 2006 e sucesivos, ata tanto non se acorde a súa modificación ou derrogación.
Para gozar da exacción anteriormente sinalada,debe acreditarse, por parte do suxeito pasivo, que tanto a tipoloxía da construción como o de uso do solo se axusta a tipoloxía do solo bonificable.
Unha vez recibida a documentación anterior polos servizos técnicos deste Concello, informarase sobre o cumprimento de tales extremos.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recursos contencioso-administrativo, ante a Sala do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, de 13 de xullo, Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativo, no prazo de 2 meses, contados dende a data de publicación, sen prexuízo do exercicio de calquera outro recurso que estime oportuno.
Artigo 5º Data de aprobación e vixencia.
Esta ordenanza aprobada polo pleno en sesión celebrada o 21 de febreiro do 2003, surtirá efectos a partir do día 1 de xaneiro do 2003, e seguirá en vigor mentres non se acorde a súa modificación ou derogación.
Artigo 6º.- Normas de pagamento e extinción de débedas.
1.- O pagamento das débedas do tributo en período voluntario relativas ao padrón fiscal periódico ou de notificación colectiva será o establecido nos correspondentes anuncios de cobranza, que se fará publico no BOP
e no taboleiro de anuncios municipal. O seu prazo non será inferior a dous meses e preferentemente o calendario do contribuínte estará comprendido entre o 1 de xuño e o 31 de xullo , coa indicación de que no caso de que as datas de inicio ou fin sexan coincidentes cun festivo, trasladaranse estas á data hábil inmediata seguinte.2.- Os pagamentos en efectivo que deban realizarse na caixa municipal, serano mediante ingreso nas contas restrinxidas de recadación de titularidade municipal nas entidades bancarias colaboradoras do concello, pudendo ademais facerse mediante transferencia bancaria. O mandato da transferencia terá un importe igual ao da débeda e haberá de expresar o/s números de liquidacións/s ou recibo/s. Os ingresos efectuados mediante transferencia entenderanse realizados na data en que tivese entrada o importe correspondente na entidade que, no seu caso, preste o servizo de caixa.3.- A domiciliación do Imposto sobre bens inmobles implicará como mínimo o seu fraccionamento en dous períodos.
A devolución do primeiro cargo por parte da entidade financeira implicará que o suxeito pasivo queda obrigado ao pagamento da totalidade do recibo antes de que remate o período voluntario de pagamento, perdendo a posibilidade do seu fraccionamento.
Contra o presente Acordo, conforme ao artigo 19 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, poderase interpor polos interesados recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
A presente modificación entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2022 e permanecerá vixente ata a súa modificación ou derogación expresa.
Burela, 12 de abril de 2021. O Alcalde, Alfredo Llano García.
R. 1001

Anuncio publicado en: Num BOP 88 año 2021 20/04/2021
19/04/2021 08:00:00
10:49:29

Correspondendo o acordo de bonificación ó Sr. Alcalde-Presidente ou á xunta de Goberno Local.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 20/04/2021

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date20/04/2021

Page count27

Edition count3289

Première édition01/03/2013

Dernière édition29/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones