Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/09/2020

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 215 venres, 18 de setembro de 2020

BOP Lugo
O prazo de presentación será de 5 días naturais dende o día seguinte ao da publicación das Bases no Boletín Oficial da Provincia.
Toda solicitude presentada fóra do prazo indicado nas presentes bases será excluída do proceso de selección para participar da mostra ARTESANFROILÁN 2020.
As solicitudes irán acompañadas obrigatoriamente da seguinte documentación:
1.- Modelo de solicitude debidamente cumprimentado Anexo I
2.- Copia da carta de Artesá ou Artesán.
3.- Copia do DNI ou NIF da empresa 4.- Memoria técnica e descritiva dun máximo de 25 páxinas , que conteña os seguintes apartados nas solicitudes de participación conxunta, deberán achegar unha memoria por cada artesán solicitante:
4.a Datos completos do artesán datos persoais, nome comercial, número de rexistro da carta de artesán ou obradoiro rexistrado, dirección, teléfonos e enderezo electrónico 4.b Currículum ou biografía onde se describa a súa formación e traxectoria profesional incluindo as referencias do seu traballo en prensa, revistas especializadas ou outras publicacións, así como a súa presenza en Internet web, blogs ou redes sociais 4.c Descrición do proceso produtivo acompañada dunha secuencia de imaxes en pequeno formato mostrando a transformación da materia prima ata o produto final.
4.d Detalle dos materiais e ferramentas empregadas.
4.e Relación detallada dos produtos que se poñerán á venda na feira.
4.f Fotografías xerais e de detalle dos produtos onde se poida apreciar a súa calidade.

5.- Compromiso de aceptación por parte do solicitante no que se asuma a responsabilidade de obter os permisos municipais correspondentes para a entrada de vehículos participantes na mostra aos efectos de montaxe, desmonte, carga e/ou descarga Anexo II
6.- Compromiso de aceptación dos participantes nesta Mostra, conforme asumen todas as responsabilidades derivadas da montaxe, desmonte do produto a expoñer, as perdas, danos, furtos de materiais ou produtos durante o transcurso da mostra , así como de calquera dano persoal ou material a terceiros, incluídos os danos producidos por catástrofes de calquera tipo, segundo se establece no punto 4 das bases Anexo II
7.- Declaración responsable de non estar incurso en ningunha das prohibicións de contratar que establece o artigo 71 da Lei 9/2017, de 8 de novembro de Contratos do Sector Público, así mesmo de estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias e da Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes Anexo II
8.- De forma opcional os e as solicitantes poderán aportar copia da vida laboral se desexan que a información deste documento sexa tida en conta nas valoracións, así como os documentos acreditativos de estar inscrito/a no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, así como calquera documentación que estime oportuno entregar para poder valorar segundo os criterios establecidos na base sexta.
SEXTA: SELECCIÓN
Rematado o prazo de solicitude de participación na mostra, unha Comisión valorará as solicitudes presentadas e emitirá unha proposta de resolución das persoas admitidas para participar en ARTESANFROILÁN 2020.
Esta Comisión estará formada por persoal da Deputación Provincial e un representante do sector artesanal da provincia de Lugo e rexerase segundo o establecido para os órganos colexiados nos artigos 15 e seguintes da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
A selección de participantes na mostra farase con base ós criterios que se expoñen a continuación:
1.- Calidade do produto baseándose en criterios comparativos en relación coas solicitudes presentadas, valorando o traballo de conceptualización e deseño de produto, acabados, materia prima, presentación final, coherencia das coleccións , e evolución e mellora do traballo respecto a edicións pasadas, se é o caso de 0 a 5
puntos 2.- Calidade da memoria descritiva baseándose en criterios comparativos en relación coas solicitudes presentadas, valorando a presentación, estilo e claridade na exposición de contidos de 0 a 5 puntos 3.- Antigidade da Carta de Artesá/án na data de finalización de presentación de solicitudes.
a. Menor o igual a 5 anos 5 puntos b. Mais de 5 anos 10 puntos
Anuncio publicado en: Num BOP 215 año 2020 18/09/2020
17/09/2020 08:00:00
14:11:21

4.g Fotografía do posto montado anteriormente ou proposta de montaxe.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/09/2020

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date18/09/2020

Page count19

Edition count3289

Première édition01/03/2013

Dernière édition29/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones

<<<Septiembre 2020>>>
DLMMJVS
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930