Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/07/2020

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 159 luns, 13 de xullo de 2020

BOP Lugo
CONCELLOS
ALFOZ
Anuncio En cumprimento do disposto no artigo 212 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e unha vez que foi debidamente informada pola Comisión Especial de Contas, exponse ao público a Conta Xeral correspondiente ao exercicio 2019, por un prazo de quince días, durante os cales e oito máis quen se estimen interesados poderán presentar reclamacions, reparos ou observacions que teñan por convintes.
Alfoz, 06 de xullo de 2020.- O Alcalde, Jorge Val Diaz.
R. 1436

BURELA
Anuncio A Xunta de Goberno Local do Concello de Burela en sesión celebrada o día 22 de abril de 2020 acorda a aprobación inicial do Padrón fiscal do Servizo de Axuda no Fogar correspondente ao mes de xaneiro de 2020 a través da Lei de Dependencia e Programa Básico de Axuda no Fogar por importe de 6.896,29 €, correspondendo 1.180,80 € a libre concorrencia e 5.715,49 € a dependencia. Consonte ao disposto no artigo 102.3 da Lei xeral tributaria, por medio do presente ponse en coñecemento dos contribuíntes obrigados ao pagamento do prezo público, que dispoñen dun prazo de 15 días, contados a partir da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, ao obxecto de que poidan ser examinados e presentar as reclamacións que estimen pertinentes, entendéndose elevados a definitivos se, transcorrido o prazo de exposición pública, non se formulara ningunha reclamación.
Así mesmo, e de conformidade co artigo 14 do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, os interesados poderán interpoñer recurso de reposición ante o alcalde - presidente, no prazo dun mes, contado dende a finalización do período de exposición pública deste padrón fiscal no Boletín Oficial da Provincia.
Contra a resolución do recurso de reposición, expresa ou tácita, os interesados poderán interpoñer recurso contenciosoadministrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, nos prazos sinalados no artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, Reguladora da Xurisdición Contencioso Administrativa. Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.
Para o cobramento dos mesmos, os contribuíntes teñen domiciliados os recibos, estes seranlles adebedados nas contas bancarias respectivas. Fíxase como período voluntario de cobramento o prazo de dous meses dende o día seguinte a publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
A presente publicación, nos dous supostos, de anuncio de exposición ao público dos padróns e anuncio de cobranza en fase voluntaria, ten o carácter de notificación colectiva, ao abeiro do establecido no artigo 102 da referida Lei xeral tributaria.
Burela, 02 de xullo de 2020.- O Alcalde, Alfredo Llano García.
R. 1437

Anuncio EXPEDIENTES 365/2020 E 366/2020. EXPOSICIÓN O PÚBLICO E COBRANZA S.A.F. FEBREIRO 2020.
A Xunta de Goberno Local do Concello de Burela en sesión celebrada o día 22 de abril de 2020 acorda a aprobación inicial do Padrón fiscal do Servizo de Axuda no Fogar correspondente ao mes de febreiro de 2020 a través da Lei de Dependencia e Programa Básico de Axuda no Fogar por importe de 6.660,47 €, correspondendo 942,00 € a libre concorrencia e 5.718,47 € a dependencia. Consonte ao disposto no artigo 102.3 da Lei xeral tributaria, por medio do presente ponse en coñecemento dos contribuíntes obrigados ao pagamento do prezo público, que dispoñen dun prazo de 15 días, contados a partir da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, ao obxecto de que poidan ser examinados e presentar as reclamacións que estimen pertinentes, entendéndose elevados a definitivos se, transcorrido o prazo de exposición pública, non se formulara ningunha reclamación.
Así mesmo, e de conformidade co artigo 14 do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, os interesados poderán interpoñer recurso de reposición ante
Anuncio publicado en: Num BOP 159 año 2020 13/07/2020
10/07/2020 08:00:00
13:44:37

EXPEDIENTES 189/2020 E 190/2020. EXPOSICIÓN O PÚBLICO E COBRANZA S.A.F. XANEIRO 2020.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/07/2020

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date13/07/2020

Page count17

Edition count3289

Première édition01/03/2013

Dernière édition29/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones