Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/05/2020

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

XOVES, 28 DE MAIO DE 2020

N.º 121

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
INTERVENCIÓN
Anuncio Aprobada inicialmente polo Pleno desta Corporación en sesión ordinaria celebrada o día vinte seis de maio de dous mil vinte, a Modificación do Orzamento da Deputación de 2020, vía suplemento de crédito", exponse ao público na Secretaria desta Entidade Provincial, por espazo de quince días, en cumprimento do disposto no artigo 169.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais; durante os cales admitiranse reclamacións e suxestións á mesma. Transcorrido dito prazo sen que se produzan reclamacións ou suxestións entenderase definitivamente aprobada.
Lugo, vinte sete de maio de dous mil vinte.- O PRESIDENTE, José Tomé Roca. A SECRETARIA, María Esther Alvarez Martínez.

CONCELLOS
FOZ
Anuncio Por Decreto de Alcaldía de data 15 de maio de 2020, aprobáronse os Padróns do Prezo Público pola prestación do servizo de axuda no fogar dos meses de marzo e abril de 2020, así como a apertura dun período de información pública por prazo de vinte días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste edicto no B.O.P. para consultar o seu contido e presentar as alegacións que estimen oportunas, rematado este prazo sen presentarse reclamacións, entenderanse definitivamente aprobados.
O período de cobro en período voluntario fíxase entre o 1 de xuño e o 31 de xullo de 2020.
Ao día seguinte do vencemento do prazo do ingreso en período voluntario iniciarase o procedemento executivo e o administrativo de constrinximento, e devengarán as débedas as recargas do período executivo así como os correspondentes xuros de mora en virtude dos artigos 26, 27 e 28 da Lei Xeral Tributaria.
Contra as liquidacións de carácter tributario que se deriven dos presentes padróns poderase interpoñer recurso de reposición previo ao contencioso-administrativo, no prazo dun mes a contar dende a finalización do período de exposición pública de conformidade co establecido no artigo 14.2.c do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5
de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.
Contra a desestimación expresa ou presunta do recurso de reposición poderán interpoñer recurso contenciosoadministrativo ante os órganos e na forma e prazos determinados na Lei reguladora desta Xurisdición.
Foz, 18 de maio de 2020.- O ALCALDE, FRANCISCO CAJOTO CASERÍO.
R. 0909

Anuncio Por Decreto de Alcaldía de data 18 de maio de 2020, aprobaronse os Padróns da Taxa por subministro de auga, canon de auga, recollida de lixo e depuración, correspondentes ao 2º bimestre de 2020, así como a apertura dun período de información pública por prazo de vinte días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste edicto no B.O.P. para consultar o seu contido e presentar as alegacións que estimen oportunas, rematado este prazo sen presentarse reclamacións, entenderanse definitivamente aprobados.
O período de cobro en período voluntario fíxase entre o 15 de maio e o 15 de xullo de 2020.

Anuncio publicado en: Num BOP 121 año 2020 28/05/2020
27/05/2020 08:00:00
12:13:39

R. 0949

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/05/2020

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date28/05/2020

Page count9

Edition count3289

Première édition01/03/2013

Dernière édition29/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones